Inicio / mais novas / novas / Futuras e novas profesionais do social xuntas para mellorar as políticas públicas que lles afectan
Futuras e novas profesionais do social xuntas para mellorar as políticas públicas que lles afectan
— 10 Novembro, 2020Comentarios desactivados en Futuras e novas profesionais do social xuntas para mellorar as políticas públicas que lles afectan1273
Comparte!
O 27 de novembro EAPN Galicia celebrou unha xornada dirixida a futuras profesionais do eido social onde puideron formular propostas nos eidos de vivenda, emprego, cultura e ocio e educación
A xornada contou cun obradoiro de ferramentas sobre cómo incidir políticamente e na sociedade para o cambio social.
Futuras e novas profesionais do social (traballo, educación e integración social), entre 18 e 29 anos, participaron o pasado 27 de novembro no II Encontro de ParticipaciónXuvenil. Mozos e mozas tiveron un espazo para xerar propostas de cambio social e de mellora das políticas públicas en Galicia, España e Europa. O evento estivo organizado por EAPN España xunto a EAPN Galicia, en colaboración coa Escola Universitaria de Traballo Social (EUTS) de Santiago de Compostela.
Os datos do Informe Estado da Pobreza 2020 de EAPN España revelan que o 31,7% das persoas entre 16 e 29 anos se atopan en situación de pobreza e/ou exclusión social (AROPE polas súas siglas en inglés). Asemade, o 64,4% das galegas e galegos entre 18 e 34 anos vivían cos seus pais no 2018, segundo a enquisa estrutural a fogares do Instituto Galego de Estatística. Por este e outros motivos, a xornada abordou catro eidos principais que afectan á mocidade: vivenda, emprego, cultura e ocio e educación; tendo sempre presente o enfoque transversal de xénero e de loita contra a pobreza e exclusión.
Na actividade presentouse o traballado previamente, en colaboración coa Escola Universitaria de Traballo Social da USC, sobre medio rural; senfogarismo; comunidade xitana e inmigración, prostitución, trata sexual e pornografía. Do mesmo xeito, tamén presentaronse as conclusións elaboradas en anteriores encontros estatais coa EAPN España. Asemade, o evento contou coa presenza de Joan Bennasar, educador e investigador social, que proporcionou ferramentas sobre cómo incidir políticamente e na sociedade para o cambio social.
Finalmente, as participantes debateron e realizaron propostas de cambio nos eidos da vivenda, emprego, cultura e ocio e educación con propostas como a ‘implementación da educación emocional dende a infancia’ ou o ‘incentivo do emprendemento da mocidade’. Todas as propostas serán transmitidas, a nivel estatal e autonómico, ás responsables políticas en cada materia.
Comparte!As entidades do Terceiro Sector son unha peza fundamental na engranaxe do sistema de servizos sociais que precisa dun marco lexislativo e dunha financiación estable para poder sostelo. No marco do Seminario Anual de EAPN tivo lugar un acto simbólico para poñer en valor o labor do Terceiro Sector, á vez que se poñían de…
Comparte!O XV informe “O Estado da Pobreza en Galicia 2025”, revela que no ano 2024 a pobreza e a exclusión social reduciuse 6,7 puntos, o que se traduce en case 180.000 persoas menos que no 2023. A taxa de pobreza infantil alcanza o seu mínimo na serie histórica cunha caída de 10,7 puntos. O 17,5…
Comparte!EAPN Galicia e a Dirección Xeral de Promoción da Igualdade organizaron un seminario web para informar a entidades do Terceiro Sector e administracións públicas dos servizos que ofrecen os centros Quérote+. Os centros Quérote+ son recursos de información, asesoramento e formación dirixidos á mocidade galega en temáticas como sexualidade, LGTBI+, benestar emocional, promoción da igualdade…
Comparte!O Seminario web: Medidas urxentes de apoio ás familias monoparentais pon de manifesto a escaseza de accións para protexer ás familias monoparentais. Case 4 anos de incumprimento da Lei de Impulso Demográfico agrava a situación destas familias. A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) e EAPN Galicia organizaron o 18 de setembro…
Comparte!Presentamos unha das novas entidades membro de EAPN Galicia. Ayuda en Acción é unha ONG internacional que traballa con infancia e mocidade, acompañando e xerando oportunidades de desenvolvemento. Un dos seus obxectivos é facilitar o acceso á educación e transición cara o emprego e o emprendemento. Poñendo o foco na propia persoa como xeradora de…
Comparte!Galicia é a segunda autonomía que máis crece, marcando a Casilla no imposto de sociedades o 20,2% das empresas, fronte ao 2% da campaña anterior A nivel nacional máis de 300.000 empresas logran unha recadación histórica de 83,68 millones de euros co seu xesto. O prazo para a presentación do imposto de sociedades está aberto…
Comparte!EAPN Galicia e a Valedora do Pobo abordan temas que atinxen ás persoas en situación de vulnerabilidade a prol da defensa dos seus dereitos A Valedora do Pobo transmite a preocupación compartida polo latente e estendido discurso do odio na súa visita á sede de EAPN Galicia O pasado 8 de xullo a Valedora…
Comparte! O 18 de xuño, Día Internacional para Contrarrestar o Discurso de Odio, as entidades que integramos EAPN Galicia aprobamos por unanimidade na nosa Asamblea Xeral a declaración “Tolerancia e respecto. Fronte ao discurso do odio e a aporofobia”. Nun escenario internacional cada vez máis polarizado, onde a desinformación e os prexuízos xeradores de discursos de odio…
Comparte!Máis de 80 persoas berraron “Que non nos limite ninguén!” no XVI Encontro Galego de Participación celebrado o pasado 11 de xuño en Santiago de Compostela, baixo o lema Estereotipos, que non te limiten. Unha xornada na que se abordaron as barreiras e dificultades de acceso a servizos básicos, así como un trato discriminatorio por…
Comparte!EAPN Galicia impulsa un estudo sobre a provisión e xestión de vivenda polo Terceiro Sector en Galicia. Conta co apoio da Consellería de Política Social e Igualdade e do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas. Para a recollida de información elaborouse un formulario que se achegará ás…
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.