O pasado 2 de marzo de 2023 a EAPN Galicia e o seu Grupo de Inclusión organizaron o seminario online “Garantía de ingresos en Galicia: Cara a unha nova Lei de Inclusión”.
Coa inminente actualización da Lei de Inclusión de Galicia, esta xornada pretendíu servir de espazo de reflexión e debate propositivo, para comezar a construír unha batería de propostas á nova Lei.
A xornada ‘Garantía de ingresos en Galicia: Cara a unha nova Lei de Inclusión’ configurouse como o primeiro espazo de reflexión e debate no que EAPN Galicia e as súas entidades membro, especialmente as 21 integrantes do Grupo de Inclusión da rede, pretenderon iniciar a súa información e preparación de cara ao proceso de actualización da Lei de Inclusión de Galicia.
Tratouse dunha xornada online, con espazo en plenario e mesas redondas, dirixida a persoal de entidades sociais de Galicia, co obxectivo de situar o debate e presentar os principais retos e oportunidades aos que debemos facer fronte cando falamos de rendas mínimas.
O IMV e as Políticas de Garantía de Ingresos nas CCAA
A pesar da existencia de dificultades de coordinación, de burocracia, etc, nestes últimos anos vimos de corroborar a eficacia de certas medidas para loitar contra a pobreza.
Dende medidas estatais como o ERTE ou o propio Ingreso Mínimo Vital, ata medidas autonómicas postas en marcha dende a Xunta de Galicia, especialmente na Consellería de Política Social, como a non paralización da RISGA, e outras máis innovadoras como a Tarxeta Básica.
Unha das liñas de incidencia da EAPN Galicia é que un sistema de garantía de rendas debe ser áxil, eficiente e non deixar a ninguén atrás, e por iso quixemos contar con diferentes expertas voces neste proceso como Miguel Laparra, profesor titular de Política Social na UPNA; Inmaculada Herránz, profesora titular de Sociología da UCLM; Alfonso López, coordinador de EAPN Euskadi e do Grupo de Inclusión de EAPN España, Carlos Santos, Xefe do Servizo de Servicios Sociais do concello da Coruña; Ana Aboy e Inmaculada López, da Subdirección Xeral de Prestacións e Programas de Inclusión da Xunta de Galicia; e Sara Abella, coordinadora do Proxecto Acceso Vital de EAPN Galicia.
Das súas intervencións extraense diferentes retos sobre o IMV para abordar de cara a futuro, entre os que se atopan o aumento das contías das prestacións, as cales se deben establecer segundo o umbral de pobreza autonómica; a complementación do IMV coa renda autonómica de cada CCAA; o establecemento dun sistema de transición a un emprego protexido que estea acompañado de itinerarios de inclusión; a implementación e a ampliación das unidades de tramitación a nivel local, recoñecendo a importancia do acompañamento neste proceso, especialmente por parte das entidades do terceiro sector. Finalmente, remarcouse tanto a ampliación da cobertura do IMV aos colectivos aos que chega, mellorando os requisitos de acceso e promovendo unha xestión da prestación máis eficaz, como a únificación da tramitación a través dunha ventanilla única.
Dende a rede levamos anos traballando nesta liña, especialmente dende a posta en marcha do Ingreso Mínimo Vital, cando se puxo de manifesto a necesidade de adecuar o sistema autonómico a un novo dereito subxectivo a nivel estatal. As demandas das que partimos e nas que traballará o grupo de inclusión para formular as nosas propostas á Lei de Inclusión son:
Un sistema de rendas mínimas debe garantir axilidade e a mínima burocracia.
Reformulación e simplificación das AIS. Xa que son axudas para emerxencias sobrevidas, polo que estas axudas deberíanse tramitar axilmente no prazo dunha semana, cunha comprobación posterior dos requisitos.
No cálculo da RISGA deberíase ter en conta o SMI, e non o IPREM.
Complementar ao IMV a donde este non chega, a nivel de rendas e de cobertura. A RISGA debe complementar o aportado polo IMV ata o limiar de pobreza relativa a nivel de renda, para superar estas situacións, non so tratar a pobreza severa. Asimesmo debe ampliar a cobertura a colectivos non atendidos ou de especial vulnerabilidade (senfogarismo, en situación irregular…).
Garantir o dereito a unha inclusión persoal, social e laboral, que sexa dereito, non obriga. As rendas mínimas son entendidas como unha medida temporal mentres non haxa unha situacion de emprego, pero baixo esta lóxica quedan fora certos colectivos que teñen dificultade para acadar a inserción laboral ou mesmo lles é imposible.
Acompañamento integral dende servizos sociais ou entidades do terceiro sector.
Comparte!As entidades do Terceiro Sector son unha peza fundamental na engranaxe do sistema de servizos sociais que precisa dun marco lexislativo e dunha financiación estable para poder sostelo. No marco do Seminario Anual de EAPN tivo lugar un acto simbólico para poñer en valor o labor do Terceiro Sector, á vez que se poñían de…
Comparte!Contratación dependente da Subvención para o fomento do emprego dos programas de cooperación da Xunta. EAPN Galicia busca unha persoa titulada en Socioloxía ou Antropoloxía, para formar parte da entidade durante 12 meses, exercendo funcións de reforzo da participación, comunicación, incidencia e investigación no eido da inclusión social, sociolaboral ou sociorresidencial. Ademais de traballo en…
Comparte!O XV informe “O Estado da Pobreza en Galicia 2025”, revela que no ano 2024 a pobreza e a exclusión social reduciuse 6,7 puntos, o que se traduce en case 180.000 persoas menos que no 2023. A taxa de pobreza infantil alcanza o seu mínimo na serie histórica cunha caída de 10,7 puntos. O 17,5…
Comparte!EAPN Galicia e a Dirección Xeral de Promoción da Igualdade organizaron un seminario web para informar a entidades do Terceiro Sector e administracións públicas dos servizos que ofrecen os centros Quérote+. Os centros Quérote+ son recursos de información, asesoramento e formación dirixidos á mocidade galega en temáticas como sexualidade, LGTBI+, benestar emocional, promoción da igualdade…
Comparte!O Terceiro Sector é un axente clave na transformación social e na defensa polos dereitos e igualdade das persoas máis vulnerables. As entidades sociais —asociacións e fundacións— aínda carecendo de ánimo de lucro, constitúen un sector industrial máis, creando valor económico e social. EAPN Galicia vén de lanzar a campaña #OrgulloTerceiroSector para reivindicar o…
Comparte!O Seminario web: Medidas urxentes de apoio ás familias monoparentais pon de manifesto a escaseza de accións para protexer ás familias monoparentais. Case 4 anos de incumprimento da Lei de Impulso Demográfico agrava a situación destas familias. A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) e EAPN Galicia organizaron o 18 de setembro…
Comparte!Presentamos unha das novas entidades membro de EAPN Galicia. Ayuda en Acción é unha ONG internacional que traballa con infancia e mocidade, acompañando e xerando oportunidades de desenvolvemento. Un dos seus obxectivos é facilitar o acceso á educación e transición cara o emprego e o emprendemento. Poñendo o foco na propia persoa como xeradora de…
Comparte!Galicia é a segunda autonomía que máis crece, marcando a Casilla no imposto de sociedades o 20,2% das empresas, fronte ao 2% da campaña anterior A nivel nacional máis de 300.000 empresas logran unha recadación histórica de 83,68 millones de euros co seu xesto. O prazo para a presentación do imposto de sociedades está aberto…
Comparte!EAPN Galicia e a Valedora do Pobo abordan temas que atinxen ás persoas en situación de vulnerabilidade a prol da defensa dos seus dereitos A Valedora do Pobo transmite a preocupación compartida polo latente e estendido discurso do odio na súa visita á sede de EAPN Galicia O pasado 8 de xullo a Valedora…
Comparte! O 18 de xuño, Día Internacional para Contrarrestar o Discurso de Odio, as entidades que integramos EAPN Galicia aprobamos por unanimidade na nosa Asamblea Xeral a declaración “Tolerancia e respecto. Fronte ao discurso do odio e a aporofobia”. Nun escenario internacional cada vez máis polarizado, onde a desinformación e os prexuízos xeradores de discursos de odio…
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.
Fai un comentario