O Seminario web: Medidas urxentes de apoio ás familias monoparentais pon de manifesto a escaseza de accións para protexer ás familias monoparentais.
Case 4 anos de incumprimento da Lei de Impulso Demográfico agrava a situación destas familias.
A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) e EAPN Galicia organizaron o 18 de setembro un seminario web adicado á realidade das familias monoparentais e ás demandas de impulsar urxentemente medidas de protección.
Case catro anos de incumprimento da Lei 5/2021 de Impulso Demográfico en Galicia fai que 35.725 familias monoparentais galegas con nenos, nenas e adolescentes a cargo se atopen en risco de pobreza.
No marco estatal, a situación é semellante, cun incerto horizonte na aprobación da Lei de Familia. Esta parálise do Goberno central, non impide o avance en medidas e políticas a nivel autonómico. Exemplo témolo noutras comunidades autónomas como Asturias, Murcia o A Rioxa cunha lexislación específica, ou Aragón, Cantabria, Cataluña, Valencia con un rexistro específico.
Ante esta situación, EAPN Galicia e a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia presenta o informe «Propostas de medidas urxentes de apoio ás familias monoparentais». Documento no que se achega o contexto social e o marco lexislativo galego e estatal, así como 7 demandas principais:
Creación do Rexistro de familias monoparentais.
Facultar aos servizos sociais comunitarios e recursos públicos de atención (CIM) para elaborar informes vinculantes.
Equiparar beneficios de familias monoparentais aos de familias numerosas. Incidindo no feito de nunca ser competidoras.
Aprobación de medidas de apoio ás familias monoparentais. Poñendo o foco no aumento da feminización da pobreza, (máis do 80% das familias monoparentais está encabezada por mulleres).
Aumento de medidas de protección específica na RISGA e no IMV.
Apoio nos estudos de diagnóstico da realidade das familias monoparentais.
Interlocución estable entre administración e entidades do Terceiro Sector.
Seminario web: Medidas urxentes de apoio ás familias monoparentais
Presentación de Inma Alonso, presidenta de FAGAMOS
O seminario web contou coa presenza de Carmen Flores, presidenta da Federación de Asociacións de Nais Solteras (FAMS) e Inma Alonso da Asociación de Familias Monoparentais de Galicia (FAGAMOS) que contextualizaron a realidade das familias monoparentais no marco estatal e autonómico respectivamente. Presentaron datos preocupantes, coma que en España, a taxa de risco de pobreza e/ou exclusión social (AROPE) das persoas en fogares cun adulto e un neno, nena e adolescente foi do 50,3%, case duplicando o do total da poboación: 25,8%. A nivel galego, Inma Alonso advertiu que o 66,3% dos fogares monoparentais aseguran chegar con dificultade ou moita dificultade a final de mes, o dato máis alto de todos os tipos de fogar segundo os últimos datos do IGE.
O enfoque da infancia deuno Mónica Viqueira, presidenta da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia no inicio da xornada, encargada da apertura xunto con Ana Pardo, presidenta de EAPN Galicia.
Cara o final houbo un espazo participativo onde se mostraron iniciativas postas en marcha e propostas para avanzar cara a protección destas familias monoparentais. Entidades e profesionais do sector social, así como nais monomarentais tiveron a oportunidade de aportar ideas e preguntar dúbidas ás ponentes.
Na clausura do seminario, Cristina Blanco, subdirectora xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia da Xunta de Galicia fixo unha intervención agradecendo estas iniciativas e lamentando a situación actual destas familias. Avanzou que se está a traballar na elaboración do certificado de familia monoparental para a creación do prometido Rexistro, e neste sentido, adiantou que tamén se poderá dispoñer en formato dixital, adaptado aos tempos actuais.
Comparte!As entidades do Terceiro Sector son unha peza fundamental na engranaxe do sistema de servizos sociais que precisa dun marco lexislativo e dunha financiación estable para poder sostelo. No marco do Seminario Anual de EAPN tivo lugar un acto simbólico para poñer en valor o labor do Terceiro Sector, á vez que se poñían de…
Comparte!O XV informe “O Estado da Pobreza en Galicia 2025”, revela que no ano 2024 a pobreza e a exclusión social reduciuse 6,7 puntos, o que se traduce en case 180.000 persoas menos que no 2023. A taxa de pobreza infantil alcanza o seu mínimo na serie histórica cunha caída de 10,7 puntos. O 17,5…
Comparte!EAPN Galicia e a Dirección Xeral de Promoción da Igualdade organizaron un seminario web para informar a entidades do Terceiro Sector e administracións públicas dos servizos que ofrecen os centros Quérote+. Os centros Quérote+ son recursos de información, asesoramento e formación dirixidos á mocidade galega en temáticas como sexualidade, LGTBI+, benestar emocional, promoción da igualdade…
Comparte!Presentamos unha das novas entidades membro de EAPN Galicia. Ayuda en Acción é unha ONG internacional que traballa con infancia e mocidade, acompañando e xerando oportunidades de desenvolvemento. Un dos seus obxectivos é facilitar o acceso á educación e transición cara o emprego e o emprendemento. Poñendo o foco na propia persoa como xeradora de…
Comparte!Galicia é a segunda autonomía que máis crece, marcando a Casilla no imposto de sociedades o 20,2% das empresas, fronte ao 2% da campaña anterior A nivel nacional máis de 300.000 empresas logran unha recadación histórica de 83,68 millones de euros co seu xesto. O prazo para a presentación do imposto de sociedades está aberto…
Comparte!EAPN Galicia e a Valedora do Pobo abordan temas que atinxen ás persoas en situación de vulnerabilidade a prol da defensa dos seus dereitos A Valedora do Pobo transmite a preocupación compartida polo latente e estendido discurso do odio na súa visita á sede de EAPN Galicia O pasado 8 de xullo a Valedora…
Comparte! O 18 de xuño, Día Internacional para Contrarrestar o Discurso de Odio, as entidades que integramos EAPN Galicia aprobamos por unanimidade na nosa Asamblea Xeral a declaración “Tolerancia e respecto. Fronte ao discurso do odio e a aporofobia”. Nun escenario internacional cada vez máis polarizado, onde a desinformación e os prexuízos xeradores de discursos de odio…
Comparte!Máis de 80 persoas berraron “Que non nos limite ninguén!” no XVI Encontro Galego de Participación celebrado o pasado 11 de xuño en Santiago de Compostela, baixo o lema Estereotipos, que non te limiten. Unha xornada na que se abordaron as barreiras e dificultades de acceso a servizos básicos, así como un trato discriminatorio por…
Comparte!EAPN Galicia impulsa un estudo sobre a provisión e xestión de vivenda polo Terceiro Sector en Galicia. Conta co apoio da Consellería de Política Social e Igualdade e do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas. Para a recollida de información elaborouse un formulario que se achegará ás…
Comparte!EAPN Galicia gaña o premio “Boas Prácticas en Servizos Sociais” da Deputación da Coruña na área de investigación. Enfoque centrado na persoa, atención integral, respectando tempos e circunstancias, e traballo en rede: as claves das entidades do Terceiro Sector para unha inclusión sociolaboral efectiva. O 7 de maio celebrouse o acto de entrega do…
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.
Fai un comentario