Un seminario, organizado por EAPN Galicia en colaboración con EAPN España, de interese para calquera organización social que realice programas de inclusión sociolaboral e queira coñecer en detalle a metodoloxía utilizada polas entidades da Rede Emprego Digno, ademais das propostas de mellora das políticas de inclusión sociolaboral
Martes 30 de xaneiro 10.00 – 12.30 por Zoom
Evento organizado por EAPN Galicia en colaboración con EAPN España, para a presentación do Manual de buenas prácticas para la inclusión sociolaboral con personas vulnerabilizadas, elaborado no marco do Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e EAPN Galicia, para a realización de programas integrados de emprego de persoas en situación de vulnerabilidade, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia impulsado pola Unión Europea e o Ministerio de Traballo e Economía Social.
Grazas a este Convenio, durante os anos 2022 e 2023, e por primeira vez en Galicia, 14 entidades do Terceiro Sector de Acción Social (TSAS), coordinadas por EAPN Galicia, desenvolveron de forma conxunta un programa piloto para o fomento da empregabilidade e a inclusión sociolaboral no que participaron máis de 600 persoas en situación ou risco de exclusión social de toda Galicia, principalmente nas cidades de Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, pero tamén noutras localidades galegas.
Este programa levaba aparellado o obxectivo de identificar boas prácticas e propostas de mellora da calidade dos programas de inclusión sociolaboral. Deste xeito, en outubro de 2022 iniciouse unha investigación cualitativa para recoller o traballo desenvolvido polo persoal técnico de 18 entidades que están a dar resposta á multicausalidade das situacións das persoas en situación ou risco de exclusión.
Para alcanzar o obxectivo establecido no Convenio de permitir á Consellería a mellor abordaxe futura no tratamento da inclusión sociolaboral das persoas en situación ou risco de exclusión, ademais das boas prácticas das entidades incluímos unha análise das limitacións atopadas, tanto na configuración dos programas como noutros campos da administración e a sociedade, acompañadas de propostas de mellora.
O principal reto da iniciativa conxunta, bautizada como Rede Emprego Digno, foi traballar en rede e unir esforzos para alcanzar unha maior inclusión sociolaboral das persoas participantes, pero tamén para validar a metodoloxía de traballo utilizada, que serve de base para o traballo de investigación que culmina coa publicación deste Manual de Boas Prácticas, que xa foi presentado o pasado 15 de novembro en Santiago de Compostela. Mais información neste enlace:
Dado o éxito do programa piloto, queremos difundir o Manual resultante na súa versión en castelán por tratarse dun recurso valioso e unha ferramenta práctica para todos os actores comprometidos coa inclusión sociolaboral. A súa utilidade radica na súa capacidade de traducir o coñecemento e a experiencia en accións concretas que melloren as vidas daquelas persoas vulnerabilizadas.
Obxectivos
Presentar os resultados da investigación e o Manual de boas prácticas para a inclusión sociolaboral, ferramenta práctica con pautas de mellora das políticas públicas dirixidas á inclusión sociolaboral de persoas vulnerabilizadas.
Fomentar o diálogo entre o Terceiro Sector de Acción Social (TSAS), as administracións e as empresas, e o traballo en rede co obxectivo común de alcanzar a inclusión sociolaboral das persoas vulnerabilizadas.
Visibilizar e pór en valor o traballo das entidades do Terceiro Sector
Programa
10.00 Rexistro de asistentes
10.05 Benvida e inauguración
Ana Álvarez Franco. Secretaria de EAPN Galicia
Victor García Ordás. Comisión Permanente EAPN España
María Canal Fontcuberta. Consejera Económica, Comisión Europea en España
Amparo Merino Segovia. Secretaria de Estado de Economía social
10.30 Comunicación: presentación do Manual de boas prácticas para a inclusión sociolaboral con persoas vulnerabilizadas
11.15 Así se traballa en rede: diálogo con entidades participantes
12.00 Conclusións. Clausura institucional
12.30 Fin da xornada
Inscricións
Antes do luns 29 de xaneiro (14:00h) na seguinte ligazón:
Comparte!As entidades do Terceiro Sector son unha peza fundamental na engranaxe do sistema de servizos sociais que precisa dun marco lexislativo e dunha financiación estable para poder sostelo. No marco do Seminario Anual de EAPN tivo lugar un acto simbólico para poñer en valor o labor do Terceiro Sector, á vez que se poñían de…
Comparte!Contratación dependente da Subvención para o fomento do emprego dos programas de cooperación da Xunta. EAPN Galicia busca unha persoa titulada en Socioloxía ou Antropoloxía, para formar parte da entidade durante 12 meses, exercendo funcións de reforzo da participación, comunicación, incidencia e investigación no eido da inclusión social, sociolaboral ou sociorresidencial. Ademais de traballo en…
Comparte!O XV informe “O Estado da Pobreza en Galicia 2025”, revela que no ano 2024 a pobreza e a exclusión social reduciuse 6,7 puntos, o que se traduce en case 180.000 persoas menos que no 2023. A taxa de pobreza infantil alcanza o seu mínimo na serie histórica cunha caída de 10,7 puntos. O 17,5…
Comparte!EAPN Galicia e a Dirección Xeral de Promoción da Igualdade organizaron un seminario web para informar a entidades do Terceiro Sector e administracións públicas dos servizos que ofrecen os centros Quérote+. Os centros Quérote+ son recursos de información, asesoramento e formación dirixidos á mocidade galega en temáticas como sexualidade, LGTBI+, benestar emocional, promoción da igualdade…
Comparte!O Terceiro Sector é un axente clave na transformación social e na defensa polos dereitos e igualdade das persoas máis vulnerables. As entidades sociais —asociacións e fundacións— aínda carecendo de ánimo de lucro, constitúen un sector industrial máis, creando valor económico e social. EAPN Galicia vén de lanzar a campaña #OrgulloTerceiroSector para reivindicar o…
Comparte!O Seminario web: Medidas urxentes de apoio ás familias monoparentais pon de manifesto a escaseza de accións para protexer ás familias monoparentais. Case 4 anos de incumprimento da Lei de Impulso Demográfico agrava a situación destas familias. A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) e EAPN Galicia organizaron o 18 de setembro…
Comparte!Presentamos unha das novas entidades membro de EAPN Galicia. Ayuda en Acción é unha ONG internacional que traballa con infancia e mocidade, acompañando e xerando oportunidades de desenvolvemento. Un dos seus obxectivos é facilitar o acceso á educación e transición cara o emprego e o emprendemento. Poñendo o foco na propia persoa como xeradora de…
Comparte!Galicia é a segunda autonomía que máis crece, marcando a Casilla no imposto de sociedades o 20,2% das empresas, fronte ao 2% da campaña anterior A nivel nacional máis de 300.000 empresas logran unha recadación histórica de 83,68 millones de euros co seu xesto. O prazo para a presentación do imposto de sociedades está aberto…
Comparte!EAPN Galicia e a Valedora do Pobo abordan temas que atinxen ás persoas en situación de vulnerabilidade a prol da defensa dos seus dereitos A Valedora do Pobo transmite a preocupación compartida polo latente e estendido discurso do odio na súa visita á sede de EAPN Galicia O pasado 8 de xullo a Valedora…
Comparte! O 18 de xuño, Día Internacional para Contrarrestar o Discurso de Odio, as entidades que integramos EAPN Galicia aprobamos por unanimidade na nosa Asamblea Xeral a declaración “Tolerancia e respecto. Fronte ao discurso do odio e a aporofobia”. Nun escenario internacional cada vez máis polarizado, onde a desinformación e os prexuízos xeradores de discursos de odio…
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.
Fai un comentario