Nesta xornada organizada polo Instituto Galego do Consumo e a Competencia e EAPN Galicia pretendiuse dar claves ás profesionais de entidades do Terceiro Sector diante das entidades bancarias ou financeiras: apertura de contas de pago básicas, comisións bancarias abusivas, sobreendebedamento, etcétera.
Esta actuación enmarcouse na campaña #AporofobiaBancaria contra a exclusión financeira coa que se pretende dar resposta ás constantes denuncias de persoas en vulnerabilidade na súa relación con moitas entidades bancarias: cargando comisións abusivas, negando o dereito a unha conta gratuíta ou embargando contas a perceptoras de rendas mínimas.
O 5 de outubro, de 9:30 a 12:30 o Instituto Galego do Consumo e a Competencia e EAPN Galicia organizaron o seminario online Asegurando a inclusión bancaria e financeira.
Tratouse dunha xornada gratuíta e puramente práctica, impartida por profesionais expertas da Escola Galega de Consumo e orientada a dar claves e resolver dúbidas ás profesionais ou voluntarias de entidades do Terceiro Sector diante das entidades bancarias ou financeiras sobre aqueles problemas ou conculcación de dereitos das persoas en pobreza ou exclusión social coas que traballan.
Nunha primeira parte facilitouse información sobre a normativa de contas de pago básicas, comisións bancarias abusivas, etcétera. E a segunda centrouse en como afrontar o sobreendebedamento: tarxetas revolving, microcréditos, créditos rápidos, etcétera.
Estes problemas e propostas de solución foron identificados e detallados no informe ‘Inclusión financiera para el desarrollo sostenible, a primeira investigación específica sobre as principais causas das dificultades financeiras atopadas polos fogares no contexto de crise social e económica derivada da pandemia. Varias destas propostas están a ser impulsadas xunto a institucións aliadas como o Instituto Galego de Consumo, a Consellería de Política Social ou a Valedora do Pobo.
PROGRAMA
9:30 Presentación e benvida: EAPN Galicia e Instituto Galego do Consumo e a Competencia
Comparte!As entidades do Terceiro Sector son unha peza fundamental na engranaxe do sistema de servizos sociais que precisa dun marco lexislativo e dunha financiación estable para poder sostelo. No marco do Seminario Anual de EAPN tivo lugar un acto simbólico para poñer en valor o labor do Terceiro Sector, á vez que se poñían de…
Comparte!Contratación dependente da Subvención para o fomento do emprego dos programas de cooperación da Xunta. EAPN Galicia busca unha persoa titulada en Socioloxía ou Antropoloxía, para formar parte da entidade durante 12 meses, exercendo funcións de reforzo da participación, comunicación, incidencia e investigación no eido da inclusión social, sociolaboral ou sociorresidencial. Ademais de traballo en…
Comparte!O XV informe “O Estado da Pobreza en Galicia 2025”, revela que no ano 2024 a pobreza e a exclusión social reduciuse 6,7 puntos, o que se traduce en case 180.000 persoas menos que no 2023. A taxa de pobreza infantil alcanza o seu mínimo na serie histórica cunha caída de 10,7 puntos. O 17,5…
Comparte!EAPN Galicia e a Dirección Xeral de Promoción da Igualdade organizaron un seminario web para informar a entidades do Terceiro Sector e administracións públicas dos servizos que ofrecen os centros Quérote+. Os centros Quérote+ son recursos de información, asesoramento e formación dirixidos á mocidade galega en temáticas como sexualidade, LGTBI+, benestar emocional, promoción da igualdade…
Comparte!O Terceiro Sector é un axente clave na transformación social e na defensa polos dereitos e igualdade das persoas máis vulnerables. As entidades sociais —asociacións e fundacións— aínda carecendo de ánimo de lucro, constitúen un sector industrial máis, creando valor económico e social. EAPN Galicia vén de lanzar a campaña #OrgulloTerceiroSector para reivindicar o…
Comparte!O Seminario web: Medidas urxentes de apoio ás familias monoparentais pon de manifesto a escaseza de accións para protexer ás familias monoparentais. Case 4 anos de incumprimento da Lei de Impulso Demográfico agrava a situación destas familias. A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) e EAPN Galicia organizaron o 18 de setembro…
Comparte!Presentamos unha das novas entidades membro de EAPN Galicia. Ayuda en Acción é unha ONG internacional que traballa con infancia e mocidade, acompañando e xerando oportunidades de desenvolvemento. Un dos seus obxectivos é facilitar o acceso á educación e transición cara o emprego e o emprendemento. Poñendo o foco na propia persoa como xeradora de…
Comparte!Galicia é a segunda autonomía que máis crece, marcando a Casilla no imposto de sociedades o 20,2% das empresas, fronte ao 2% da campaña anterior A nivel nacional máis de 300.000 empresas logran unha recadación histórica de 83,68 millones de euros co seu xesto. O prazo para a presentación do imposto de sociedades está aberto…
Comparte!EAPN Galicia e a Valedora do Pobo abordan temas que atinxen ás persoas en situación de vulnerabilidade a prol da defensa dos seus dereitos A Valedora do Pobo transmite a preocupación compartida polo latente e estendido discurso do odio na súa visita á sede de EAPN Galicia O pasado 8 de xullo a Valedora…
Comparte! O 18 de xuño, Día Internacional para Contrarrestar o Discurso de Odio, as entidades que integramos EAPN Galicia aprobamos por unanimidade na nosa Asamblea Xeral a declaración “Tolerancia e respecto. Fronte ao discurso do odio e a aporofobia”. Nun escenario internacional cada vez máis polarizado, onde a desinformación e os prexuízos xeradores de discursos de odio…
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.
Fai un comentario