EAPN Galicia lanza a campaña “As persoas primeiro”, para que as formacións políticas inclúan no debate electoral a situación de pobreza de 700.000 galegos e galegas.
Baixo a etiqueta #PobrezaGalicia e o lema “Compromisos, Coordinación, Causas e Dialogo Civil contra a pobreza e pola inclusión social” presenta unha webna que ademais de difundir as demandas do Terceiro Sector Social galego, se comparan as propostas das distintas opcións políticas e se fornece á cidadanía de información sobre a exclusión.
A campaña “As persoas primeiro” e o seu lema “Compromisos, Coordinación, Causas e Dialogo Civil contra a pobreza e pola inclusión social” pide aos partidos políticos que a loita contra a pobreza e a exclusión social sexa eixo fundamental do debate nas Eleccións ao Parlamento de Galicia 2016.
Mediante esta campaña e baixo a etiqueta #PobrezaGalicia, dende a Rede Galega de Loita contra a Pobreza reclamamos que as formacións políticas que concorren ás eleccións contemplen nos seus programas medidas firmes que consideramos perfectamente asumibles. “Resulta imprescindible que se aseguren compromisos firmes e resultados urxentes na mellora da calidade de vida das persoas, para os case 700.000 galegos e galegas en risco de pobreza ou exclusión social (25,7%) e en especial para as 115.000 con carencias materiais severas (4,2%)”, afirmou o presidente de EAPN Galicia, Antonio Hernández, na presentación da campaña.
A idea é dar a coñecer as demandas das persoas e organizacións que están a loitar polos dereitos sociais na nosa comunidade, comparar programas electorais antes de ir votar e presionar as diferentes candidaturas para que se comprometan con catro principios imprescindibles para a erradicación desta lacra, resumidos dentro das chamadas ‘4C’:
Contra as Causas da pobreza. Asegurando a igualdade de dereitos para todas as persoas e a inclusión social activa alonxada do asistencialismo.
Compromiso en orzamentos e planificación a medio e longo prazo.
Coordinación política e técnica entre as administracións e coas organizacións especializadas.
Dialogo Civil. Recoñecemento lexislativo e marco estable de financiamento do Terceiro Sector de Acción Social como alicerce do sistema público de servizos sociais
Unha web sobre a Galicia que importa
A campaña inclúe xuntanzas públicas coas formacións políticas, así como a divulgación dun decálogo no que se resumen as medidas que consideran urxente adoptar e a posta á disposición das votantes unha web específica na que poidan acceder aos contidos da campaña; ao decálogo; ás 50 demandas concretas que a rede reclama das formacións políticas; e máis aos datos da Comunidade no tocante á pobreza, desigualdade, emprego e exclusión social. ter unha visión global e comparativa das propostas que as formacións que concorren ás Eleccións contemplan nos seus programas electorais.
Entre estas medidas urxentes áchase a redución dun 50% das persoas en situación de privación material severa; igualdade de dereitos; apoio á infancia e a mocidade; estratexias de formación e inclusión laboral; emprego digno; erradicación do “curtopracismo” da acción política; inclusión activa e non asistencialista; transparencia; ou aprobación da Lei do Terceiro Sector Social
Comparte!As entidades do Terceiro Sector son unha peza fundamental na engranaxe do sistema de servizos sociais que precisa dun marco lexislativo e dunha financiación estable para poder sostelo. No marco do Seminario Anual de EAPN tivo lugar un acto simbólico para poñer en valor o labor do Terceiro Sector, á vez que se poñían de…
Comparte!O XV informe “O Estado da Pobreza en Galicia 2025”, revela que no ano 2024 a pobreza e a exclusión social reduciuse 6,7 puntos, o que se traduce en case 180.000 persoas menos que no 2023. A taxa de pobreza infantil alcanza o seu mínimo na serie histórica cunha caída de 10,7 puntos. O 17,5…
Comparte!EAPN Galicia e a Dirección Xeral de Promoción da Igualdade organizaron un seminario web para informar a entidades do Terceiro Sector e administracións públicas dos servizos que ofrecen os centros Quérote+. Os centros Quérote+ son recursos de información, asesoramento e formación dirixidos á mocidade galega en temáticas como sexualidade, LGTBI+, benestar emocional, promoción da igualdade…
Comparte!O Terceiro Sector é un axente clave na transformación social e na defensa polos dereitos e igualdade das persoas máis vulnerables. As entidades sociais —asociacións e fundacións— aínda carecendo de ánimo de lucro, constitúen un sector industrial máis, creando valor económico e social. EAPN Galicia vén de lanzar a campaña #OrgulloTerceiroSector para reivindicar o…
Comparte!O Seminario web: Medidas urxentes de apoio ás familias monoparentais pon de manifesto a escaseza de accións para protexer ás familias monoparentais. Case 4 anos de incumprimento da Lei de Impulso Demográfico agrava a situación destas familias. A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) e EAPN Galicia organizaron o 18 de setembro…
Comparte!Presentamos unha das novas entidades membro de EAPN Galicia. Ayuda en Acción é unha ONG internacional que traballa con infancia e mocidade, acompañando e xerando oportunidades de desenvolvemento. Un dos seus obxectivos é facilitar o acceso á educación e transición cara o emprego e o emprendemento. Poñendo o foco na propia persoa como xeradora de…
Comparte!Galicia é a segunda autonomía que máis crece, marcando a Casilla no imposto de sociedades o 20,2% das empresas, fronte ao 2% da campaña anterior A nivel nacional máis de 300.000 empresas logran unha recadación histórica de 83,68 millones de euros co seu xesto. O prazo para a presentación do imposto de sociedades está aberto…
Comparte!EAPN Galicia e a Valedora do Pobo abordan temas que atinxen ás persoas en situación de vulnerabilidade a prol da defensa dos seus dereitos A Valedora do Pobo transmite a preocupación compartida polo latente e estendido discurso do odio na súa visita á sede de EAPN Galicia O pasado 8 de xullo a Valedora…
Comparte! O 18 de xuño, Día Internacional para Contrarrestar o Discurso de Odio, as entidades que integramos EAPN Galicia aprobamos por unanimidade na nosa Asamblea Xeral a declaración “Tolerancia e respecto. Fronte ao discurso do odio e a aporofobia”. Nun escenario internacional cada vez máis polarizado, onde a desinformación e os prexuízos xeradores de discursos de odio…
Comparte!Máis de 80 persoas berraron “Que non nos limite ninguén!” no XVI Encontro Galego de Participación celebrado o pasado 11 de xuño en Santiago de Compostela, baixo o lema Estereotipos, que non te limiten. Unha xornada na que se abordaron as barreiras e dificultades de acceso a servizos básicos, así como un trato discriminatorio por…
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.
Fai un comentario