PRESENTACIÓN
EAPN Galicia nace co obxectivo de ser un instrumento útil e eficaz na contribución da loita contra a pobreza e a exclusión social.
Para iso entre as nosas tarefas realizamos un traballo incidencia política e de interlocución política á hora de defender as propostas e preocupacións das persoas que forman parte das entidades que integran a Rede Europea de Loita contra a Pobreza.
Cremos firmemente nun Terceiro Sector democrático e participativo no que a defensa dos dereitos das persoas e da súa dignidade sexa unha das principais loitas.
Esta é só unha breve presentación do que facemos. Convidámoste a que coñezas o traballo que realizamos e, se temos os mesmos obxectivos e as mesmas prioridades este é tamén o teu sitio. Benvidas e benvidos á nosa web.
Ana Pardo Fernández, Presidenta de EAPN Galicia
A Xunta directiva de EAPN-Galicia está composta por:
Ana Pardo Fernández
Diplomada en Traballo Social pola Universidade de Vigo, complementa a súa formación no eido da atención psicosocial a persoas en situación de senfogarismo xunto a xestión e dirección de entidades sociais. Compaxina o exercicio da profesión como traballadora social dende o ano 2007 en diferentes ámbitos: menores, maiores, exclusión social severa, migracións e como docente no eido sociosanitario. No 2017 inicia a súa traxectoria profesional na entidade Provivienda asumindo a dirección territorial no 2019.
Javier Hermida Porto
Coordinador da Federación Alzheimer Galicia. Traballador Social especializado en entidades sen ánimo de lucro, especialmente nos eidos das persoas maiores e das discapacidades e dependencia.
Ana Alvarez Franco
Directora da Fundación Erguete Integración. Licenciada en Pedagoxía, postgraos en Formación Ocupacional, Inserción Sociolaboral, e Intervención en Drogodependencias . Comezou a súa traxectoria na entidade como titora e posteriormente directora de obradoiros de emprego e axente de emprego. Actualmente desenvolve a funcións de dirección e xestión, coordinando os diferentes os programas e servizos e a áreas de relacións institucionais.
Miguel Rodríguez García
Responsable Territorial en Galicia da Fundación Esplai. Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración (USC). Máster en Cooperación Internacional e Xestión das ONGD. Curso de Adaptación Pedagógica (CAP). Desde o 2008 vinculado ao Terceiro Sector en múltiples campos: Cooperación Internacional, Educación para o Desenvolvemento, Comunicación Social, Innovación Educativa. Incorporouse á Fundación Esplai no 2020, na área socioeducativa e e-inclusión.
Ignacio Rodríguez Saez
Licenciado en Dereito con máis de dez anos de experiencia no movemento asociativo no campo da discapacidade despois do seu inicio na práctica do dereito. Comezou en COGAMI en setembro de 2001 como asesor laboral do Servizo de Integración Laboral, despois incorporouse ao Consello de Administración da entidade como Secretario, converténdose en axente de emprego e asesor xurídico.
Sonia Caldas Novás
Directora da Federación Down Galicia
Saray Durán Gato
Directora xeral da Asociación Ecos do Sur. Graduada en Traballo Social pola Universidade de Santiago de Compostela e Experta Universitaria en Xestión de Entidades sen ánimo de lucro, forma parte do equipo de Ecos do Sur dende 2009
Podes atoparnos:
EAPN Galicia
República do Salvador 3 2º D
15701 Santiago de Compostela
698 127 110





