Por que debemos animar ao voto nas Eleccións Europeas desde as entidades do Terceiro Sector de Acción Social?

0 470
Comparte!
Segundo o Eurobarómetro publicado en abril do 2024, os temas que máis preocupan á cidadanía europea son a pobreza e a exclusión social e a saúde pública.
Desde EAPN presentamos un dodecálogo de doce grandes demandas de cara unha Europa máis social e libre de pobreza.
Celebraremos un webinar sobre este tema, que busca facer un chamamento ás entidades do TSAS para acadar a maior participación posible nas eleccións do 9 de xuño.

 

 

O vindeiro 9 de xuño celébranse as eleccións ao Parlamento Europeo, unhas eleccións que marcarán as políticas públicas comunitarias dos próximos anos e, polo tanto, os dereitos e o benestar de millóns de persoas.

No imaxinario colectivo, téndese a crer que a pobreza é un problema residual nunha rexión rica como é Europa. Sen embargo, as taxas de pobreza e exclusión social no continente son altas e constantes. Segundo os últimos datos publicados por Eurostat, a pobreza e a exclusión social afectan ao 21,6 % da poboación europea, 95,3 millóns de persoas.

Tras estas cifras atópase a crúa realidade de persoas con nomes e apelidos que cada día ven vulnerados os seus dereitos en aspectos tan básicos como a garantía de ingresos, o acceso a unha vivenda axeitada, a servizos públicos ou a un emprego digno.

 

Temas que preocupan á cidadanía Europea

Segundo o Eurobarómetro de abril de 2024 un terzo da poboación da UE considera que a loita contra a pobreza e a exclusión social (33%) e a saúde pública (32%) constitúen os principais temas aos que se deben dar prioridade desde o Parlamento Europeo. Es España, a saúde pública é o tema que produce maior inquedanza seguido da pobreza e a exclusión social.

Malia que as medidas sociais aplicadas a nivel europeo e estatal fronte á pandemia da COVID-19 e para facer fronte aos efectos da inflación e da guerra en Ucraína foron moi diferentes á vía de austeridade de 2008 -apostando por unha vía de dereitos-, o certo é que a pobreza e a exclusión social seguen a ser un problema pendente.

O futuro Parlamento Europeo debe ter como prioridade inmediata as necesidades urxentes e emerxentes, adoptando medidas redistributivas e de xustiza social cun maior alcance, para evitar que a desigualdade, a pobreza e a discriminación sigan crecendo a niveis intolerables.

 

Políticas e fondos imprescindibles contra a pobreza e a exclusión social en Galicia

A Unión Europea conta con instrumentos para loitar contra a pobreza, como o Piar Europeo de Dereitos Sociais lanzado en 2017, que establece 20 principios básicos centrados en garantir unhas condicións de vida dignas para a cidadanía agrupados en 3 grandes áreas: a igualdade de oportunidades e de acceso ao mercado laboral, a protección e inclusión social adecuada, e condicións de traballo xustas e seguras.

Por outra banda, existe Carta Social Europea, que se trata dun tratado do Consello de Europa que consagra dereitos humanos e liberdades fundamentais.

Comparte o mesmo espírito que o Piar de Dereitos Sociais e inclúe disposicións sobre o dereito ao traballo, á seguridade social, á protección social e á igualdade de oportunidades e de trato no ámbito laboral, e conta cun organismo que supervisa o cumprimento do seu contido (Comité Europeo de Dereitos Sociais).

Dende o ingreso de España na entón denominada Comunidade Europea no ano 1986, baixo a premisa de acadar un verdadeiro equilibrio territorial entre as rexións parte da mesma, comezou o despregamento dos fondos europeos.

En suma, Galicia recibiu ata a actualidade máis de 18.500 Millóns de Euros das diferentes liñas de apoio das institucións comunitarias no que foi un verdadeiro revulsivo para o desenvolvemento da nosa rexión.

O Fondo Social Europeo Plus (FSE+) e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) son instrumentos de apoio económico da Unión Europea destinados a promover a cohesión económica, social e territorial entre os Estados membros. Mentres que o FSE+ se enfoca en mellorar o emprego e as oportunidades laborais, promovendo a inclusión social e combatendo a pobreza, o FEDER céntrase máis no apoio ao desenvolvemento rexional, investindo en infraestruturas, innovación, investigación e desenvolvemento, así como na transición cara a unha economía máis sostible.

Atendendo ás áreas estratéxicas máis sensibles, puxéronse en marcha numerosas iniciativas de apoio económico en sectores como o pesqueiro (Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura, FEMPA) e agrario (Fondos da Política Agraria Común, PAC e Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural, FEADER); ademais doutras ferramentas encamiñadas ao fortalecemento da cohesión social e territorial da Unión (Fondo de Transición Xusta, FTJ ou nomeadamente, o Fondo de Cohesión).

 

Doce medidas contra a Pobreza e a Exclusión Social

É o noso deber lembrarlles ás diferentes formacións políticas que concorren aos comicios europeos, os compromisos sociais adquiridos no marco da Axenda 2030, os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e o Pilar Europeo de Dereitos Sociais, e polo tanto, a necesidade non só de manter as políticas públicas implementadas durante os últimos anos senón tamén un aumento dos recursos e do alcance das mesmas.

Non esquecemos tampouco o reto que presentan para a democracia o auxe dos discursos de odio e a normalización das denominadas fake news. Desde EAPN Galicia, creemos que unha Europa igualitaria só se pode construír poñendo no centro a paz e os dereitos humanos.

O novo contexto político brinda a oportunidade de facer unha aposta firme e eficaz contra a pobreza. Toca ás institucións e aos diferentes Gobernos ter altura de miras ante os retos pendentes, colaborando coa sociedade civil para que os dereitos e a dignidade de todas as persoas marquen as axendas, tal e como demanda a propia cidadanía europea.

Por iso, presentamos un dodecálogo de propostas que consideramos imprescindibles para a Europa que xurda dos próximos comicios.

1- Implementación de Ingresos Mínimos Garantizados (IMG)

Medida: Directiva europea que esta

bleza a implantación e implementación de sistemas de garantía de ingreso mínimo nos países membro.

Indicador: Porcentaxe da poboación que vive por debaixo do limiar da pobreza antes e despois da implementación do IMG, con datos desagregados por idade e tipos de familias.

 

2- Asegurar o acceso a vivenda digna, axeitada e asequible.

Medida: Paquete de medidas para o impulso da vivenda pública, cooperativa, social ou comunitaria que transforme os sistemas de vivenda dos países membro en pos de garantir o dereito subxectivo á vivenda. Este paquete de medidas incluirá a provisión de vivenda pública en aluguer social e vivenda alugable, a través de nova promoción, de recuperación de vivenda e de rehabilitación das existentes facéndoas máis eficientes enerxéticamente e dando prioridade ás persoas en situación de vulnerabilidade (reserva).va do 20% do seu financiamento) e conterá medidas concretas como a regulación de prezos de aluguer e estratexias europeas que preveñan e combatan o senfogarismo en todas as categorías de ETHOS.

Indicador: Aumento proporcional do número do parque de vivenda pública en alugueiro social e de alugueiro asequible.

 

3- Transición xusta cara a unha Economía Sostible.

Medida: Creación dun fondo de investimento público da UE específico e a longo prazo para impulsar a transformación socialmente xusta da nosa economía cara ás cero emisións netas e unha economía circular que desenvolva unha estratexia europea para a xestión sustentable dos recursos e a redución da demanda de enerxía.

Indicador: Porcentaxe de fondos do fondo de investimento público da UE destinados a proxectos específicos que promovan a transformación cara a cero emisións netas e unha economía circular.

 

4- Promoción de Emprego Digno.

Medida: Medidas de seguimento do cumprimento da directiva europea 2022/2041 do 19 de outubro de 2022 sobre uns salarios mínimos adecuados na UE con especial atención á negociación colectiva.

Indicador: Taxa de traballadores e traballadoras en situación de pobreza.

 

5- Protección fronte a despedimentos.

Medida: Posta en marcha de instrumento SURE para emitir bonos sociais que se distribúan en forma de préstamos aos Estados membros que os soliciten en situacións de crise.

Indicador: Porcentaxe de novas persoas desempregadas.

 

6- Reforma da fiscalidade para unha distribución máis xusta da riqueza.

Medida: Adopción da iniciativa cidadá europea de gravar as grandes riquezas para financiar a transición ecolóxica e social.

Indicador: redución paulatina do índice de Gini.

 

7- Fortalecemento do Fondo de Garantía Xuvenil e a súa inclusión no Semestre Europeo.

Medida: Aumento do financiamento e expansión das oportunidades de formación, emprego e emprendemento para as persoas mozas a través do Fondo de Garantía Xuvenil.

Indicador: Porcentaxe de mozos desempregados que participan en programas de formación ou emprego a través do Fondo de Garantía Xuvenil.

 

8- Promoción do Terceiro Sector de Acción Social

Medida: Impulso da economía social e solidaria mediante o apoio a cooperativas, empresas sociais e proxectos comunitarios.

Indicador: Crecemento do sector da economía social e solidaria en termos de emprego e contribución ao PIB.

 

9- Garantía de respecto dos dereitos humanos ás persoas migrantes, refuxiadas e solicitantes de asilo.

Medida: reforzar as vías legais e seguras para migrar a Europa, así como reivindicar un proceso de implementación do Pacto de Migración e Asilo con plena garantía dos dereitos recollidos na Carta de Dereitos Fundamentais da UE a todas as persoas migrantes e refuxiadas, con plenas garantías procedementais na análise de vulnerabilidades e necesidades de protección das persoas, particularmente en contornos fronteirizos.

Indicador: Número de expedientes de estranxeiría presentados e número de expedientes resoltos.

 

10- Igualdade trato fronte á aporofobia.

Medida: Impulsar unha decisión marco relativa á loita contra todas as formas de aporofobia que inclúa esta discriminación dentro dos organismos europeos de loita pola igualdade como a contabilización de delitos de odio de FRA ou as razóns protexidas da ECRI.

Indicador: Reducir a infradenuncia de delitos de odio por aporofobia ou que inclúen aporofobia.

 

11- Garanti-los dereitos dixitais das persoas en situación de pobreza e o acceso á administración para exercer o seus dereitos.

Medida: impulsar o proceso de adquisición de competencias dixitais da poboación en situación de pobreza e/ou exclusión social para acabar coa fenda dixital, garantindo a liberdade de acceso a información diversa e fiable, a liberdade de expresión, e a protección da vida privada e datos persoais, garantindo, pola súa vez, o acceso ás administracións públicas de modo presencial, de modo que poidan elixir o mecanismo de relación coa administración.

Indicador: Aumento de solicitudes e acceso a prestacións e/ou dereitos dependentes dos servicios da administración, tanto dixital como presencialmente.

 

12- Garantir a transversalización de xénero na garantía dos dereitos sociais.

Medida: Impulsar a transversalización de xénero nas políticas públicas, especialmente naquelas relacionadas coa prevención e a loita contra a pobreza e, en concreto, coa garantía de dereitos.

Indicador: redución da brecha de xénero en pobreza en perigos de recuperación.

 

Podes consultar toda esta información amplificada e outros datos do documento “Impacto das Políticas Europeas en clave Galega”, de EAPN Galicia e tamén na páxina web de EAPN España.

 

Consulta aquí o documento completo

 

Por que debemos animar ao voto nas Eleccións Europeas desde as entidades do Terceiro Sector?

Todas estas ideas foron presentadas nunha conferencia de carácter telemático que tivo lugar o venres 24 de maio ás 10.30 horas, coincidindo co inicio da campaña electoral para estes comicios. Nel, participaron a presidenta de EAPN Galicia, Ana Pardo e o director da Rede, Xosé Cuns. O seminario estivo a medios de comunicación e a todo tipo de profesionais e voluntarios con interese que tamén interviron durante o webinar.

 

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Rúa República do Salvador 3, 2ºD
Santiago de Compostela
15701 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies