O emprego nas persoas vulnerables, a situación das familias monoparentais e o auxe dos discursos do odio: preocupacións compartidas coa Valedora do Pobo

0 169
Comparte!
EAPN Galicia e a Valedora do Pobo abordan temas que atinxen ás persoas en situación de vulnerabilidade a prol da defensa dos seus dereitos
A Valedora do Pobo transmite a preocupación compartida polo latente e estendido discurso do odio na súa visita á sede de EAPN Galicia

 

O pasado 8 de xullo a Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño e o secretario xeral Fernando de Andrés Alonso visitaron a sede de EAPN Galicia para compartir e concretar liñas de actuación para o que queda de ano. Foron recibidos polo vicepresidente e director de EAPN Galicia, Javier Hermida e Xosé Cuns e a responsable de programas e comunicación, Clara de Vega. No resumo de actividades que se lle trasladou á Valedora, abordáronse varios temas de especial relevancia.

O inminente medre do uso da Intelixencia Artificial como ferramenta útil de apoio ao traballo, pero tamén un arma de dobre fío. Como o seu uso en empresas, sustituíndo a persoal pode derivar nunha ameaza contras as propias persoas, en detrimento da empatía e as emocións humanas. Tamén expúxose a dificultade ante o sesgo da Intelenxia Artificial, cuestionando a transparencia dos algoritmos, e como repercute na veracidade dos datos. Un campo aínda sen explorar que ambas institucións viron a necesidade de tratala a fondo nun futuro.

A estreita relación entre pobreza e discursos de odio

Existen distintos factores que expliquen os datos positivos da redución da pobreza en Galicia. Ademais das medidas de política social que se tomaron tanto no Estado coma a nivel autonómico, hai un factor clave: a inexistencia de forzas políticas que alenten o discurso do odio nin no Parlamento nin en ningún concello de Galicia. Por este motivo, pódense facer políticas e actuacións que avoguen por unha igualdade de oportunidades, por exemplo con programas específicos para persoas migrantes que favorecen unha inserción laboral, e polo tanto un incremento no PIB.

A Valedora do Pobo neste aspecto congratúlase da situación política galega e chama a non esquecer Declaración Institucional do Parlamento de Galicia no 2020 e que EAPN Galicia reforza co seu recente lanzamento da Declaración Tolerancia e respecto. Fronte ao discurso de odio e a aporofobia”. Animando a entidades do Terceiro Sector a asinala e sumar forzas para reverter unha situación de odio, que aínda que non teña representación política, está permeando en varios sectores da sociedade.

Neste sentido, tamén se incidiu na discriminación materializada na excesiva burocracia, na falta de equidade no acceso á información ou na fenda dixital. Realidades moi acusadas dentro das numerosas demandas que se reciben a cotío, e que tamén se viron reflectidas nas aportacións e propostas do XVI Encontro Galego de Participación. Demandas compartidas como a principal do Encontro, a necesidade de formación por parte do persoal traballador cara ao público para evitar tratos discriminatorios, ou nalgúns casos ofensivos, cara as persoas, en especial ás que están en situación de vulnerabilidade.

Familias monoparentais, acceso a vivenda, melloras na dependencia e dificultades para o emprego das persoas vulnerables: temas que poñer enriba da mesa

Ao longo de dúas horas de xuntanza, moitos foron os temas que se trataron e se coincidiu na urxencia dunha actuación inmediata. A demora de máis de tres anos de incumprimento da Lei de Impulso Demográfico, coa obriga dun Plan de medidas de protección para as familias monoparentais, máis un Rexistro específico -neste punto avanzouse recentemente cun modelo de solicitude específico para o certificado de familia monoparental para a posterior elaboración de Rexistro- son temas que preocupan nas que EAPN está traballando e se lles trasladou á Valedora.

Outro tema moi marcado actualmente, son as consecuencias derivadas da concorrencia non competitiva á hora de solicitar axudas como algunhas vinculasdas coa vivenda por exemplo. Isto é, poder solicitala por orde de chegada, feito que obstaculiza ás persoas máis vulnerables, que teñen un menor acceso á información e dispoñibilidade telemática.

Por outro lado, púxose en valor a desconxestión de máis 8.000 expedientes de dependencia e discapacidade que permanecían estancados. Coa nova Lei de Dependencia, unindo as dúas solicitudes -dependencia e discapacidade- adiantouse e axilizouse moitos casos que levaban anos bloqueados. Pola parte de EAPN, trasladouse a preocupación de que esta medida taxante, que tanto urxía, deixa fóra trámites que para moitas entidades eran prioritarios como o informe social, que nesta nova lei non se contempla. Esta circunstancia pode resolver expedientes erróneamente, ao non ter en conta a situación persoal e social da persoa solicitante.

Por último, mostrouse a preocupación en relación ao emprego e as persoas en situación de vulnerabilidade. Como a convocatoria para os Programas Integrados de Emprego dificulta notablemente polos seus requisitos á presentación de entidades do Terceiro Sector. A pesares do éxito do Programa ao que deu forma o Manual de boas prácticas en para a inclusión sociolaboral con persoas vulnerabilizadas cunha taxa de inserción do 46%. Obxetivizando que cun programa individualizado, atendendo as características da persoa e aos seus tempos, e da man de entidades do Terceiro Sector, unha inserción sociolaboral en persoas en risco de exclusión social é posible.

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Rúa República do Salvador 3, 2ºD
Santiago de Compostela
15701 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies