Inicio / destacadas / EAPN-Galicia / novas / 70 persoas en pobreza e exclusión social reclamaron unha saúde mental accesible no XV Encontro Galego de Participación
70 persoas en pobreza e exclusión social reclamaron unha saúde mental accesible no XV Encontro Galego de Participación
O pasado 11 de xuño celebrouse en Santiago de Compostela o XV Encontro Galego de Participación para persoas en pobreza ou en risco de exclusión social baixo o lema “A saúde mental importa? Impacto da saúde mental na vulnerabilidade das persoas”.
Tratouse dunha xornada durante a cal os asistentes traballaron na elaboración de propostas de mellora sobre o coidado da saúde mental desde o propio individuo/a pero tamén desde o seu entorno, comunidades e administracións públicas.
O encontro, que contou coa colaboración da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, tivo lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e, máis tarde, trasladouse á Praza 8 de marzo onde se procedeu á lectura do manifesto resultante do traballo de toda a xornada.
Un ano máis e, baixo o lema “A saúde mental importa? Impacto da saúde mental na vulnerabilidade das persoas”, celebrouse o XV Encontro Galego de Participación Social, o evento de referencia en Galicia de participación de persoas en risco ou situación de pobreza e exclusión social.
Nesta ocasión, a xornada tivo como obxectivo a participación activa de persoas vulnerabilizadas para reclamar de xeito colectivo melloras no tratamento da saúde mental. Buscouse que os participantes reflexionasen sobre a temática e intercambiasen coñecementos para mellorar así a comprensión e a abordaxe dos desafíos desta problemática.
A xornada desenrolouse principalmente na Escola Galega de Administración Pública da Xunta de Galicia (EGAP), en Santiago de Compostela, coa benvida e a rendición de contas da presidenta de EAPN Galicia, Ana Pardo e o director da Rede, Xosé Cuns, e a palestra marco introdutoria sobre saúde mental e pobreza da man do presidente de Saúde Mental Feafes Galicia, Xosé Ramón Girón.
Traballo en grupos
Posteriormente tivo lugar a actividade de traballo en grupos no que os participantes debían compartir as súas reflexións para responder a tres preguntas que enmarcaron a xornada:
Que é para ti a saúde mental?
Que fas ou podes facer ti para coidar a túa saúde mental?
Que fan ou poden facer o teu entorno, a comunidade, organizacións e administracións para coidar a túa saúde mental?
Das propostas recompiladas nos grupos de traballo puidéronse extraer conclusións como que é urxente facilitar o acceso a profesionais da saúde mental para tódalas persoas, independentemente da violencia estrutural que as atravese, e que a autoaceptación e a creación dun entorno seguro son primordiais para mellorar a saúde mental da cidadanía.
Un momento da dinámica “crebaxeos”
Durante todo o encontro, as persoas participantes puideron interactuar entre elas grazas á dinámica “crebaxeos”unha iniciativa orientada á desinhibición e ao intercambio de experiencias persoais co obxectivo de tecer novas relacións e crear sentimento de grupo.
A xornada da tarde comezou coa votación, por parte das persoas participantes, das propostas extraídas dos grupos de traballo que mellor respondían á terceira das preguntas que se formularon. Posteriormente, pasouse á clausura oficial do encontro, que contou coa presenza da Subdirectora de Inclusión Social da Xunta de Galicia, Ana Aboy, e novamente coa Presidenta de EAPN Galicia, Ana Pardo.
Fin da xornada
Xa para finalizar o traballo na EGAP, coñeceuse o resultado da votación e pasouse á parte máis informal deste XV Encontro de Participación, a entrega de premios da dinámica “crebaxeos” que deu lugar a divertidos momentos e cánticos.
Trala clausura oficial, as persoas participantes animáronse a cantar antes da entrega de premios
Para rematar de xeito redondo o encontro, as persoas participantes desprazáronse á Praza 8 de marzo para realizar unha última actividade en grupo (a elaboración dun debuxo a base de trazos de todos/as asistentes) e a lectura do manifesto que incluía as cinco reclamacións máis votadas durante a xornada da tarde:
Dotación de recursos económicos destinados a aumentar o número de profesionais da saúde e fortalecemento dos perfiles profesionais das entidades do Terceiro Sector, reforzando así a calidade da atención ás persoas nunha colaboración entre o sector sanitario e o sector social.
Facilidades para o acceso a unha vivenda sen depender dun contrato de traballo. Cobertura da necesidade básica da vivenda, sendo estas actualmente inadecuadas, temporais, compartidas entre varias persoas, limitando el espazo e a privacidade persoal.
Formación e capacitación dos profesionais do ámbito educativo en xestión emocional, promoción de campañas de sensibilización e recuperación de espazos comunitarios.
Promoción da saúde comunitaria, transversalizar a saúde mental: tendo en conta as necesidades de cada persoa e a violencia estrutural que as atravesa (capacitismo, racismo, bullying, infantilización das persoas con discapacidade intelectual, violencia machista). Visión multidisciplinar das necesidades (creación de espazos seguros, responsabilidade comunitaria, de información ao entorno familiar, incidencia política en canto á temática).
Concienciar e educar na saúde mental en adultos e en escolas, eliminando os discursos de odio e o estigma sobre a saúde mental.
Comparte!As entidades do Terceiro Sector son unha peza fundamental na engranaxe do sistema de servizos sociais que precisa dun marco lexislativo e dunha financiación estable para poder sostelo. No marco do Seminario Anual de EAPN tivo lugar un acto simbólico para poñer en valor o labor do Terceiro Sector, á vez que se poñían de…
Comparte!Contratación dependente da Subvención para o fomento do emprego dos programas de cooperación da Xunta. EAPN Galicia busca unha persoa titulada en Socioloxía ou Antropoloxía, para formar parte da entidade durante 12 meses, exercendo funcións de reforzo da participación, comunicación, incidencia e investigación no eido da inclusión social, sociolaboral ou sociorresidencial. Ademais de traballo en…
Comparte!O XV informe “O Estado da Pobreza en Galicia 2025”, revela que no ano 2024 a pobreza e a exclusión social reduciuse 6,7 puntos, o que se traduce en case 180.000 persoas menos que no 2023. A taxa de pobreza infantil alcanza o seu mínimo na serie histórica cunha caída de 10,7 puntos. O 17,5…
Comparte!EAPN Galicia e a Dirección Xeral de Promoción da Igualdade organizaron un seminario web para informar a entidades do Terceiro Sector e administracións públicas dos servizos que ofrecen os centros Quérote+. Os centros Quérote+ son recursos de información, asesoramento e formación dirixidos á mocidade galega en temáticas como sexualidade, LGTBI+, benestar emocional, promoción da igualdade…
Comparte!O Terceiro Sector é un axente clave na transformación social e na defensa polos dereitos e igualdade das persoas máis vulnerables. As entidades sociais —asociacións e fundacións— aínda carecendo de ánimo de lucro, constitúen un sector industrial máis, creando valor económico e social. EAPN Galicia vén de lanzar a campaña #OrgulloTerceiroSector para reivindicar o…
Comparte!O Seminario web: Medidas urxentes de apoio ás familias monoparentais pon de manifesto a escaseza de accións para protexer ás familias monoparentais. Case 4 anos de incumprimento da Lei de Impulso Demográfico agrava a situación destas familias. A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) e EAPN Galicia organizaron o 18 de setembro…
Comparte!Presentamos unha das novas entidades membro de EAPN Galicia. Ayuda en Acción é unha ONG internacional que traballa con infancia e mocidade, acompañando e xerando oportunidades de desenvolvemento. Un dos seus obxectivos é facilitar o acceso á educación e transición cara o emprego e o emprendemento. Poñendo o foco na propia persoa como xeradora de…
Comparte!Galicia é a segunda autonomía que máis crece, marcando a Casilla no imposto de sociedades o 20,2% das empresas, fronte ao 2% da campaña anterior A nivel nacional máis de 300.000 empresas logran unha recadación histórica de 83,68 millones de euros co seu xesto. O prazo para a presentación do imposto de sociedades está aberto…
Comparte!EAPN Galicia e a Valedora do Pobo abordan temas que atinxen ás persoas en situación de vulnerabilidade a prol da defensa dos seus dereitos A Valedora do Pobo transmite a preocupación compartida polo latente e estendido discurso do odio na súa visita á sede de EAPN Galicia O pasado 8 de xullo a Valedora…
Comparte! O 18 de xuño, Día Internacional para Contrarrestar o Discurso de Odio, as entidades que integramos EAPN Galicia aprobamos por unanimidade na nosa Asamblea Xeral a declaración “Tolerancia e respecto. Fronte ao discurso do odio e a aporofobia”. Nun escenario internacional cada vez máis polarizado, onde a desinformación e os prexuízos xeradores de discursos de odio…
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.
Fai un comentario