Máis de 19.000 empresas galegas marcaron a Casilla Empresa Solidaria recadando máis de 3 millóns de euros

Comentarios desactivados en Máis de 19.000 empresas galegas marcaron a Casilla Empresa Solidaria recadando máis de 3 millóns de euros 82
Comparte!
Galicia é a segunda autonomía que máis crece, marcando a Casilla no imposto de sociedades o 20,2% das empresas, fronte ao 2% da campaña anterior
A nivel nacional máis de 300.000 empresas logran unha recadación histórica de 83,68 millones de euros co seu xesto.
O prazo para a presentación do imposto de sociedades está aberto ata o 25 de xullo, unha oportunidade para destinar o 0,7% da tributación a financiar proxectos sociais sen ningún custo.

 

 

O pasado 1 de xullo deu comezo o período para declarar o imposto de sociedades nas empresas. Ata o 25 de xullo, calquera empresa pode marcar a Casilla Empresa Solidaria. Con este simple xesto, o 0,7 % da tributación destinarase a financiar proxectos sociais. É unha acción voluntaria libre e a custo cero coa que se apoia a iniciativas de entidades do Terceiro Sector que promoven a inclusión, a igualdade e o benestar social de todas as persoas, en especial as que se atopan nunha situación de maior vulnerabilidade.

A Casilla atópase no punto ‘outros caracteres – fins sociais’ do dito imposto. Concretamente, está actualmente dispoñible en dous modelos do imposto de sociedades: a casilla 0073 do 200 e a casilla 069 do 220.

 

Resultados da campaña do 2024

Na campaña do 2024, en Galicia un total de 19.142 empresas marcárona dando como resultado unha recadación de 3.056.478 euros, o dobre que a campaña anterior. Este repunte convirte a Galicia na segunda comunidade autónoma onde máis crece a implicación das empresas na iniciativa. Isto tradúcese en que o 20,2% do total de empresas galegas marcaron a Casilla de Empresa Solidaria na súa tributación do imposto de sociedades, cifra que contrasta notablemente co 2% da campaña anterior.

A nivel estatal os datos tamén experimentaron un aumento moi notorio. Na pasada campaña, 306.051 empresas marcaron a Casilla ‘outros caracteres – fins sociais’ dando como resultado unha recadación de 83.677.927 euros. Estes datos supuxeron un incremento exponencial en relación aos anos anteriores. Máis de 200.000 empresas novas sumáronse a esta iniciativa no 2024, significando un incremento do 600% (no exercicio de 2023 foron 43.090).

Nesta campaña, se todas as empresas marcaran a Casilla Empresa Solidaria na declaración deste tributo o máximo importe que se podería obter sería de máis de 273 millóns.

Coa recadación das campañas casilla Empresa Solidaria e X Solidaria de 2023, en 2024 puidéronse financiar 1.078 proxectos a nivel estatal, desenvolvidos por 295 entidades sociais. A nivel autonómico, segundo datos da Plataforma do Terceiro Sector, outros 9.456 proxectos foron levados a cabo por 3.037 entidades en 2023.

Así mesmo, a aquelas empresas que marquen a Casilla Empresa Solidaria do imposto de sociedades, a Plataforma do Terceiro Sector outorgaralles o Selo Empresa Solidaria que acredita a aquelas empresas que buscan xerar un impacto positivo na sociedade.

Similar articles

CONTACTO

Rúa República do Salvador 3, 2ºD
Santiago de Compostela
15701 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies