
O 18 de xuño, Día Internacional para Contrarrestar o Discurso de Odio, as entidades que integramos EAPN Galicia aprobamos por unanimidade na nosa Asamblea Xeral a declaración “Tolerancia e respecto. Fronte ao discurso do odio e a aporofobia”.
Nun escenario internacional cada vez máis polarizado, onde a desinformación e os prexuízos xeradores de discursos de odio están o orde do día, a desigualdade social e a pobreza segue a aumentar. Non é casualidade que as persoas máis vulnerables sexan as dianas desta corrente de odio que transcorre de maneira reiterada.
A normalización do discurso do odio e aporofobia que estamos percibindo as entidades do Terceiro Sector, alentan a nosa activación para unir forzas, tecer rede e seguir a defender os dereitos das persoas, ante a amenaza de seren vulnerados.
Malia que en Galicia non se deu cabida a formacións políticas que promovan discursos de odio nin no noso Parlamento nin nos nosos concellos ou deputacións, estamos a ver cada vez máis situacións discriminatorias, por mor da proliferación destes discursos que están a calar en parte da sociedade.
Esta declaración é unha chamada á responsabilidade colectiva para garantir os dereitos fundamentais de todas as persoas, especialmente das que se atopan en situación de maior vulnerabilidade.
Convidamos a todas as organizacións da sociedade civil galega, en especial ás do Terceiro Sector e do resto de familias da economía social e solidaria a asumir esta declaración e a sumar esforzos para construír unha sociedade máis xusta, inclusiva e libre de odio.
Queremos asinar a Declaración
As entidades abaixo asinantes reiteramos o establecido na Declaración Institucional do Parlamento de Galicia, aprobada por unanimidade nesa cámara o 20 de outubro do 2020: 
- As persoas non son culpables da súa pobreza.
- Ninguén é culpable do seu sufrimento.
- Ningunha persoa é inútil.
As persoas que sofren e denuncian esas e outras moitas mentiras ou as que afirman que “o máis perigoso dos prexuízos é cando ti mesmo os cres” non están soas.
Os poderes públicos teñen a responsabilidade de garantir as medidas necesarias para reducir as desigualdades sociais, combater a discriminación e favorecer o respecto, a tolerancia e a participación activa de todas as persoas.
As organizacións do Terceiro Sector de Acción Social compartimos este deber, á vez que reclamamos que a asuman as forzas políticas e institucións públicas sen ningún tipo de vacilación ou dúbida.
Comprometémonos a difundir e poñer o foco nas experiencias positivas e nos exemplos maioritarios de convivencia normalizada, loitando contra a desinformación e evitando a instrumentalización ou as visións terxiversadas das persoas que viven en situación de exclusión social.
Tal e como se establece no Código de conduta na comunicación da pobreza e a exclusión social , respectaremos en todo momento a súa dignidade e dereito á intimidade e á propia imaxe, evitando visións sesgadas, parciais, morbosas, sensacionalistas ou que apelen á culpa ou a unha falsa incapacidade para decidir por si mesmas.
Declaración completa galego
Declaración completa castellano
Grazas por contar ou publicar fotos ou vídeos nas vosas redes sociais mostrando o apoio á Declaración e con mensaxes que fomenten o respecto e a tolerancia co cancelo: #ContrAporofobia
Queremos asinar a Declaración
128 organizacións e plataformas asumimos a Declaración “Tolerancia e respecto. Fronte ao discurso do odio e a aporofobia”
EAPN Galicia. Rede Europea contra a Pobreza e a Exclusión Social
Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG)
Coordinadora Galega de ONGD
Rede de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia (REAS)
Asociación de Actores e Actrices de Galicia
Unión Profesional de Galicia
Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos da Coruña
Colexio Oficial da Enxeñaría Técnica Forestal en Galicia
Ilustre Colexio Notarial de Galicia
Observatorio Eólico de Galicia
Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia
Universidade de Santiago de Compostela
Colexio Oficial de Axentes da Propiedade Inmobiliaria da Coruña
Colexio Oficial de Farmacéuticos
Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia
Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia
Accem
Acción contra a Fame
Asemblea de Cooperación pola Paz
AGARESO (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social)
Arela
Asociación de Empresas de Inserción de Galicia – AEIGA
Asociación de Migrantes de Galicia – AMIGA
Asociación para a prevención e a educación social – APES
Axuda en Acción
Federación Autismo Galicia
Boa Vida Inclusión Activa
Cáritas Lugo
Cáritas Mondoñedo-Ferrol
Cáritas Ourense
Cáritas Tui-Vigo
CDR O Viso
CDR Portas Abertas
COGAMI
Dano Cerebral Galicia
Down Galicia
Fundación ECCA Social
Ecos do Sur
Emaús Galicia
Fundación Amaranta
Fundación Érguete Integración
Fundación Esplai
Federación Alzheimer Galicia – FAGAL
Hogar Sí
Fundación JuanSoñador
Fundación Meniños
Fundación Ronsel
Fundación Secretariado Gitano
Igaxes
Médicos do Mundo
Movemento pola Paz, o Desarme e a Libertade (MPDL)
ONG Mestura
Poten100mos
Provivienda
Saúde Mental FEAFES Galicia
Fiare Banca Ética
COPEGAL, Asociación Pedagoxía e Psicopedagoxía Galicia
ALCER Coruña
ARTE GUIGLO
Asociación de Familias Monomarentais de Galicia (FAGAMOS)
MANAIA, asociación galega de adopción e acollemento
Fillas do Divino Celo-Rogacionistas
Solidariedade Internacional de Galicia
Comunidade cristiá do home novo
Federación Red Acoge
Fonte da Virxe de Familiares e Amigos dos Enfermos Mentais
Asociación Lenda de Saúde Mental
Asociación Por Qué No Ayudar (Por Qué No)
Asociación Xarela
APAMP Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral
UGADE – Unión Galega de Epilepsia
ADEGA – Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
Asociación Dar Máis
Asociación Provincial de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de A Coruña
Federación Provincial de Asociacións de Discapacitados Físicos de Ourense
Down Coruña
ADEGAL – Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia
As Ninguéns
Federación ASPACE Galicia
Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela
Asociación socioeducativa Antonio Gandoy
ONG AIRE ( Asociación Integral de Rescate en Emerxencias)
Cociña Económica da Coruña
Viraventos
Aventeira S. Coop. Galega
Aliad Ultreia
Asociación Saúde Mental A Creba
Asociación Dano Cerebral A Coruña
Dano Cerebral Lugo
Dano Cerebral Adquirido Ourense
Asociación Párkinson Galicia-Coruña
ALUCEM – Asociación Lucense de Esclerose Múltiple
Federación COGAMI Coruña
Asociación Ambar
Asociación INTEGRO das Persoas con Diversidade Funcional da Costa da Morte
Asociación Lenda Saúde Mental
Asociación galega de linfedema, lipedema, insuficiencia venosa crónica e outras patoloxías vasculares periféricas (AGL)
Asociación PCD Algaria
Asociación AGAPA
ALCER Ourense
ASOTRAME- Asociación Galega de Persoas Trasplantadas de Médula Ósea e Enfermidades Oncohematolóxicas
Asociación Amizade
Asociación Galega de Fibrose Quística
GRUMICO
Down Pontevedra “Xuntos” Asociación Síndrome de Down
Asociación Síndrome de Down TEIMA de Ferrol
Asociación de Persoas con Discapacidade da Comarca da Mariña Lucense / A MARIÑA-COGAMI
COGAMI Lugo
Asociación AGORA – Asociación Persoas con Discapacidade da Comarca de Lemos
APROM Cariño
Asociación de persoas con discpacidade da Bisbarra de Muros – ADISBISMUR
ACEM – Santiago Asociación de Esclerose Múltiple, Párkinson e ELA
Cal3 soc.cooperativa galega
A Xanela, asociación de discapacitados activos
Movilidad Humana
COGAMI Pontevedra
DISCAFIS COGAMI
Asearpo
Asociación Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal
ASPANEMI
Asociación de Persoas con Discapacidade das Comarcas do Condado e Paradanta-ADAPTA
Asociación Misela
Asociación Aixiña
Fundación Down Compostela
ALCER Lugo
FADEMGA Plena Inclusión Galicia

Fai un comentario