EAPN Galicia participa na Comisión de Reactivación Económica, Social e Cultural no Parlamento de Galicia incidindo en que o investimento en vivenda digna e accesible é a obra pública que debería ser prioritaria nos capítulos 6 e 7 dos vindeiros orzamentos en Xunta, concellos e deputacións.
A COVID-19 trouxo un agravamento notable da situación das persoas máis afectadas e que apenas se beneficiaran da recuperación económica, en especial mulleres, mozas e mozos e nenas e nenos
Loitar contra as causas da pobreza e a desigualdade esixe fuxir do asistencialismo e asegurar a satisfacción incondicional das necesidades básicas e o dereito, non a obriga, a unha inclusión social activa baseada na garantía de ingresos
A presidenta de EAPN Galicia, Eloina Ingerto, participou na Comisión de Reactivación Económica, Social e Cultural tras o seu convite unánime dos grupos políticos con representación no Parlamento de Galicia para trasladar as demandas para combater a pobreza e a exclusión social que desde as 130 organizacións sociais membro da Rede lévanse reclamando durante a pandemia pola Covid-19 e perante a nova lexislatura.
Desde a EAPN Galicia lembrouse como a Covid-19 trouxo un agravamento notable da situación das persoas máis afectadas e que apenas se beneficiaran da recuperación económica, en especial mulleres, mozas e mozos e nenas e nenos.
‘A pobreza non se acompaña, combátese. E como calquera outra política de estado, non se improvisa nin consiste nunha suma de medidas curtopracistas de escaso impacto e dubidoso éxito comunicativo: esixe constancia e un compromiso de estabilidade orzamentaria, planificación estratéxica a medio e longo prazo e transparencia no seguimento de indicadores e medidas‘ refería Eloína Ingerto.
No seu discurso tamén se referiu á necesidade de loitar contra as causas da pobreza e a desigualdade dende un enfoque de dereitos o que esixe fuxir do asistencialismo e asegurar non so a satisfacción incondicional das necesidades básicas senón tamén o dereito, non a obriga, a unha inclusión social activa.
Neste senso valorou positivamente iniciativas como a Tarxeta moedeiro Básica e expresou “o noso profundo malestar cando ano tras ano temos que presenciar como moitos concellos seguen a evadir a súa responsabilidade promocionando campañas de recollida e reparto de alimentos en vez de asegurar a dignidade das persoas e a súa inclusión social”
A vivenda como obra pública e o emprego digno para erradicar a pobreza e a exclusión social
A presidenta de EAPN Galicia recoñeceu “a nosa frustración e ata impotencia por non estar sendo capaces de transmitir coa gravidade que merece a situación de emerxencia residencial na que viven milleiros de familias galegas” e en que “o elevado gasto en vivenda non digna nin accesible está a actuar como un aspirador de rendas que obriga as persoas en pobreza a priorizar gastos, incluso na calidade da alimentación, e impide de facto o éxito nos procesos e medidas de inclusión social‘.
Para combatir unha emerxencia residencial, que según o Informe FOESSA afectaba xa no 2018 ao 35% da poboación galega, recomendouse a creación dunha Comisión parlamentaria sobre vivenda e exclusión residencial e medidas específicas como a erradicación do chabolismo e a infravivenda ou a promoción da rehabilitación e o alugueiro social para promover o acceso á 40.000 vivendas dignas e accesibles no 2023.
Reiterouse tamén a obriga de cumprir a lexislación vixente e asegurar a accesibilidade universal en infraestruturas e edificios públicos e privados, crendo imprescindible subordinar o investimento en obra pública da Xunta de Galicia a este obxectivo.
No tocante ao emprego, a presidenta da Rede apuntou a unha das demandas das persoas en pobreza ou exclusión social: “menos cursos e mais emprego“. Deste xeito, ante os datos da última Enquisa de Condicións de Vida que reflicten un acceso moi limitado ao emprego e en condicións de precariedade nos anos anteriores ao confinamento,
Eloína Ingerto sinalou que ‘non calquera emprego protexe da pobreza‘ e que o dereito á inclusión sociolaboral implica un acompañamento estable, persoalizado e coordinado entre Servizos Sociais e Emprego, en especial na Xunta de Galicia entre as consellerías de Política Social e Emprego e Igualdade.
Unha política social que non deixe a ninguén atrás. En especial á infancia e a mocidade
Desde a EAPN Galicia tamén lembrou o compromiso do Pleno de Investidura en blindar o orzamento da Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA) asegurando a súa compatibilidade e subsidiariedade co Ingreso Mínimo Vital (IMV). Complementando ingresos ata o limiar de pobreza relativa, en especial naquelas familias con nenos, nenas ou persoas con dependencia, aumenando a cobertura do IMV naquelas persoas, non so unidades de convivencia, non beneficiarias do mesmo que vivan en Galicia ou con factores agravantes como violencia machista, etnia, idade ou discapacidade e asegurando o dereito á inclusión sociolaboral.
Asemade, apuntouse na necesidade de apostar pola infancia a través da modificación da Lei de Inclusión, pero tamén coa implementación dunha ‘lei específica que mellore o seu marco de protección‘.
Igualmente, a presidenta da EAPN Galicia fixo referencia ao documento ‘As persoas primeiro‘ onde se recollen demandas noutros eidos coma rural, violencia machista ou persoas en situación de dependencia.
Nesta liña, incidiuse sobre a problemática que xera a burocracia: ‘proclamar que as persoas non son culpables da súa pobreza é papel mollado se non se afronta con decisión a loita contra a burocracia extrema. A nova lei anunciada polo presidente da Xunta sobre este tema so será efectiva se inclúe ás persoas en pobreza ou exclusión e as organizacións do Terceiro Sector”
Por último, Eloína Ingerto sinalou a necesidade de continuar co diálogo civil coas organizacións non lucrativas do Terceiro Sector de Acción Social. Concretamente destacou que as entidades sociais ‘somos un sector produtivo máis, que crea valor económico e social como calquera outro e tamén parte e garante do Sistema Público de Servizos Sociais e Emprego‘. Por iso reclamouse unha Lei do Terceiro Sector de Acción Social “que regule e recoñeza o noso papel e a interlocución coa administración pública”
Comparte!As entidades do Terceiro Sector son unha peza fundamental na engranaxe do sistema de servizos sociais que precisa dun marco lexislativo e dunha financiación estable para poder sostelo. No marco do Seminario Anual de EAPN tivo lugar un acto simbólico para poñer en valor o labor do Terceiro Sector, á vez que se poñían de…
Comparte!Contratación dependente da Subvención para o fomento do emprego dos programas de cooperación da Xunta. EAPN Galicia busca unha persoa titulada en Socioloxía ou Antropoloxía, para formar parte da entidade durante 12 meses, exercendo funcións de reforzo da participación, comunicación, incidencia e investigación no eido da inclusión social, sociolaboral ou sociorresidencial. Ademais de traballo en…
Comparte!O XV informe “O Estado da Pobreza en Galicia 2025”, revela que no ano 2024 a pobreza e a exclusión social reduciuse 6,7 puntos, o que se traduce en case 180.000 persoas menos que no 2023. A taxa de pobreza infantil alcanza o seu mínimo na serie histórica cunha caída de 10,7 puntos. O 17,5…
Comparte!EAPN Galicia e a Dirección Xeral de Promoción da Igualdade organizaron un seminario web para informar a entidades do Terceiro Sector e administracións públicas dos servizos que ofrecen os centros Quérote+. Os centros Quérote+ son recursos de información, asesoramento e formación dirixidos á mocidade galega en temáticas como sexualidade, LGTBI+, benestar emocional, promoción da igualdade…
Comparte!O Terceiro Sector é un axente clave na transformación social e na defensa polos dereitos e igualdade das persoas máis vulnerables. As entidades sociais —asociacións e fundacións— aínda carecendo de ánimo de lucro, constitúen un sector industrial máis, creando valor económico e social. EAPN Galicia vén de lanzar a campaña #OrgulloTerceiroSector para reivindicar o…
Comparte!O Seminario web: Medidas urxentes de apoio ás familias monoparentais pon de manifesto a escaseza de accións para protexer ás familias monoparentais. Case 4 anos de incumprimento da Lei de Impulso Demográfico agrava a situación destas familias. A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) e EAPN Galicia organizaron o 18 de setembro…
Comparte!Presentamos unha das novas entidades membro de EAPN Galicia. Ayuda en Acción é unha ONG internacional que traballa con infancia e mocidade, acompañando e xerando oportunidades de desenvolvemento. Un dos seus obxectivos é facilitar o acceso á educación e transición cara o emprego e o emprendemento. Poñendo o foco na propia persoa como xeradora de…
Comparte!Galicia é a segunda autonomía que máis crece, marcando a Casilla no imposto de sociedades o 20,2% das empresas, fronte ao 2% da campaña anterior A nivel nacional máis de 300.000 empresas logran unha recadación histórica de 83,68 millones de euros co seu xesto. O prazo para a presentación do imposto de sociedades está aberto…
Comparte!EAPN Galicia e a Valedora do Pobo abordan temas que atinxen ás persoas en situación de vulnerabilidade a prol da defensa dos seus dereitos A Valedora do Pobo transmite a preocupación compartida polo latente e estendido discurso do odio na súa visita á sede de EAPN Galicia O pasado 8 de xullo a Valedora…
Comparte! O 18 de xuño, Día Internacional para Contrarrestar o Discurso de Odio, as entidades que integramos EAPN Galicia aprobamos por unanimidade na nosa Asamblea Xeral a declaración “Tolerancia e respecto. Fronte ao discurso do odio e a aporofobia”. Nun escenario internacional cada vez máis polarizado, onde a desinformación e os prexuízos xeradores de discursos de odio…
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.
Fai un comentario