¨Empresa solidaria: empresa extraordinaria”. Con este lema, as organizacións do Terceiro Sector galego animan a marcar o cadro de “Empresa Solidaria” no Imposto de Sociedades.
Por primeira vez, e como xa ocorre co cadro do “X Solidario” do IRPF, a recadación desta campaña, 20,7 millóns de euros no 2020, adicarase a financiar proxectos contra a pobreza e a exclusión social en Galicia.
Baixo as etiquetas #emerXenciaSOLIDARIA e #EmpreXasquemarcan, as ONG galegas lanzan unha campaña nas redes sociais con vídeos de persoas beneficiarias de programas financiados co X Solidario.
As empresas de Galicia xa poden contribuír a proxectos das entidades de acción social galegas. A campaña ‘EmpreXas que marcan para marcar o cambio’está dirixida a informar e sensibilizar ás empresas para que marquen o cadro de “Empresa solidaria” co cal poderán destinar, por terceiro ano consecutivo, o 0,7% do recadado a proxectos sociais.
Esta medida permite ás empresas, contribuír a lograr unha sociedade máis xusta, igualitaria e inclusiva marcando o cadro 00073 (modelo 200) ou a 069 (modelo 220) do seu Imposto de Sociedades.
EmerXencia SOLIDARIA
A emerxencia sanitaria está a facer máis vulnerables ás persoas que xa o eran antes da pandemia. Cara elas as ONG galegas destinan programas e servizos que precisan do financiamento que chega a través do 0,7% do IRPF e agora do Imposto de Sociedades. Unha aportación que ás persoas e empresas contribuíntes non lles supón ningún custo e que resulta imprescindible para moitas persoas en exclusión social ou pobreza.
Como dixeron na presentación da campaña do X Solidario do IRPF as representantes das tres plataformas de organizacións de acción social galegas (EAPN, CERMI e Plataforma de Infancia): “as profesionais e voluntarias de moitas ONG prestan un servizo esencial na loita contra o COVID-19 e seguirán a facelo cando remate a pandemia, apoiando ás persoas máis vulnerables e defendendo os seus dereitos”.
En palabras de Patricia Blanco, tesoureira de EAPN Galicia: “Grazas ás aportacións no IRPF e no Imposto de Sociedades pódense abarcar unha gran diversidade de programas de loita contra a pobreza, pola discapacidade e pola infancia, que vimos desenvolvendo todo tipo de actividades como de atención temperá, inserción laboral, exclusión social, atención a mulleres en situación de violencia machista, programas educativos…”
Máis fondos en Galicia grazas a persoas e empresas
No 2020 á aportación conxunta do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e do Imposto sobre Sociedades ascendeu en toda España a 331,7 millóns de euros, un 7% máis que en 2020.
De este importe a Galicia correspóndenlle 20.713.082 Euros, a segunda comunidade autónoma donde máis crecen, tras Asturias, recoñecendo así o crecente apoio da cidadania galega. E por iso que as entidades do Terceiro Sector pedimos que as empresas galegas se sumen ás 735.705 persoas que presentaron a Declaración da Renda en 2020 e que marcaron o recadro de “Actividades de interese social”.
A Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE), A Confederación Española da Pequena e Mediana Empresa (CEPYME), A Federación Nacional de Asociacións de Empresarios e Traballadores Autónomos (ATA, a Confederación Española de Asociacións de Xóvenes Empresarios (CEAJE) e a Confederación Empresarial Española de la Economía Social (CEPES) xa se teñen comprometido a divulgar entre as súas empresas esta medida, totalmente voluntaria e que non supón ningún custo adicional.
Coa marcación voluntaria do cadro de “Empresa solidaria”, as compañías estarán a poñer en práctica a súa Responsabilidade Social Corporativa (RSC) e contribuíndo á execución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e a Axenda 2030 coa procura de alianzas e novos escenarios de colaboración co Terceiro Sector.
Comparte!As entidades do Terceiro Sector son unha peza fundamental na engranaxe do sistema de servizos sociais que precisa dun marco lexislativo e dunha financiación estable para poder sostelo. No marco do Seminario Anual de EAPN tivo lugar un acto simbólico para poñer en valor o labor do Terceiro Sector, á vez que se poñían de…
Comparte!Contratación dependente da Subvención para o fomento do emprego dos programas de cooperación da Xunta. EAPN Galicia busca unha persoa titulada en Socioloxía ou Antropoloxía, para formar parte da entidade durante 12 meses, exercendo funcións de reforzo da participación, comunicación, incidencia e investigación no eido da inclusión social, sociolaboral ou sociorresidencial. Ademais de traballo en…
Comparte!O XV informe “O Estado da Pobreza en Galicia 2025”, revela que no ano 2024 a pobreza e a exclusión social reduciuse 6,7 puntos, o que se traduce en case 180.000 persoas menos que no 2023. A taxa de pobreza infantil alcanza o seu mínimo na serie histórica cunha caída de 10,7 puntos. O 17,5…
Comparte!EAPN Galicia e a Dirección Xeral de Promoción da Igualdade organizaron un seminario web para informar a entidades do Terceiro Sector e administracións públicas dos servizos que ofrecen os centros Quérote+. Os centros Quérote+ son recursos de información, asesoramento e formación dirixidos á mocidade galega en temáticas como sexualidade, LGTBI+, benestar emocional, promoción da igualdade…
Comparte!O Terceiro Sector é un axente clave na transformación social e na defensa polos dereitos e igualdade das persoas máis vulnerables. As entidades sociais —asociacións e fundacións— aínda carecendo de ánimo de lucro, constitúen un sector industrial máis, creando valor económico e social. EAPN Galicia vén de lanzar a campaña #OrgulloTerceiroSector para reivindicar o…
Comparte!Presentamos unha das novas entidades membro de EAPN Galicia. Ayuda en Acción é unha ONG internacional que traballa con infancia e mocidade, acompañando e xerando oportunidades de desenvolvemento. Un dos seus obxectivos é facilitar o acceso á educación e transición cara o emprego e o emprendemento. Poñendo o foco na propia persoa como xeradora de…
Comparte!Galicia é a segunda autonomía que máis crece, marcando a Casilla no imposto de sociedades o 20,2% das empresas, fronte ao 2% da campaña anterior A nivel nacional máis de 300.000 empresas logran unha recadación histórica de 83,68 millones de euros co seu xesto. O prazo para a presentación do imposto de sociedades está aberto…
Comparte!EAPN Galicia e a Valedora do Pobo abordan temas que atinxen ás persoas en situación de vulnerabilidade a prol da defensa dos seus dereitos A Valedora do Pobo transmite a preocupación compartida polo latente e estendido discurso do odio na súa visita á sede de EAPN Galicia O pasado 8 de xullo a Valedora…
Comparte! O 18 de xuño, Día Internacional para Contrarrestar o Discurso de Odio, as entidades que integramos EAPN Galicia aprobamos por unanimidade na nosa Asamblea Xeral a declaración “Tolerancia e respecto. Fronte ao discurso do odio e a aporofobia”. Nun escenario internacional cada vez máis polarizado, onde a desinformación e os prexuízos xeradores de discursos de odio…
Comparte!Máis de 80 persoas berraron “Que non nos limite ninguén!” no XVI Encontro Galego de Participación celebrado o pasado 11 de xuño en Santiago de Compostela, baixo o lema Estereotipos, que non te limiten. Unha xornada na que se abordaron as barreiras e dificultades de acceso a servizos básicos, así como un trato discriminatorio por…
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.
Fai un comentario