Queres traballar en EAPN Galicia? Buscamos Sociólogo/a ou Antropólogo/a
— 31 Outubro, 2025
1102
Contratación dependente da Subvención para o fomento do emprego dos programas de cooperación da Xunta.

EAPN Galicia busca unha persoa titulada en Socioloxía ou Antropoloxía, para formar parte da entidade durante 12 meses, exercendo funcións de reforzo da participación, comunicación, incidencia e investigación no eido da inclusión social, sociolaboral ou sociorresidencial. Ademais de traballo en rede e formación de persoas en pobreza, exclusión social e discapacidade ou de entidades do Terceiro Sector Social.
As persoas interesadas poden enviar ao enderezo electrónico info@eapn-galicia.com, ata o 10 de novembro de 2025 ás 15:00 horas co asunto “Selección Coopera EAPN + NOME E APELIDOS”. Deberase achegar o currículo vitae actualizado, unha carta de motivación con 3 propostas xustificadas de necesidades de investigación aplicada que permitan mellorar as políticas de loita contra a pobreza, exclusión social e/ou fomento da igualdade de xénero en Galicia (máximo 1 páxina).
O detalle das funcións e o perfil buscado pódese consultar aquí. O proceso de selección está aberto, e a contratación está condicionada á concesión da Subvención para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.
Os candidatos/a deberán cumprir os seguintes requisitos:
- Estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupadas e que estean dispoñibles para o emprego.
- Non ter sido contratadas por un período igual ou superior a seis meses, con cargo ás axudas de programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, referentes aos anos 2022 (procedemento TR352A), 2023 (procedemento TR352A) e 2024 (procedemento TR352A).
Descrición oferta de traballo
Fai un comentario