Seminario web: Centros Quérote+. Información e asesoramento para a mocidade

0 316
Comparte!
EAPN Galicia e a Dirección Xeral de Promoción da Igualdade organizaron un seminario web para informar a entidades do Terceiro Sector e administracións públicas dos servizos que ofrecen os centros Quérote+.
Os centros Quérote+ son recursos de información, asesoramento e formación dirixidos á mocidade galega en temáticas como sexualidade, LGTBI+, benestar emocional, promoción da igualdade e o bo trato, prevención da violencia de xénero, etc.

Os centros Quérote+ son un servizo da Xunta de Galicia, de atención á xuventude, as súas familias e a profesionais que traballan no eido xuvenil, nas temáticas referidas á: sexualidade, LGTBI+, benestar emocional, promoción da igualdade, botrato e prevención da violencia de xénero, prevención de ITS e embarazos non planificados e realización de probas VIH e VHC.

Para saber máis sobre eles, EAPN Galicia xunto coa Dirección Xeral de Promoción da Igualdade organizou o mércores 29 de outubro ás 9:30 horas o seminario web “Centros Quérote+. Información e asesoramento para a mocidade”. Este seminario, que tivo lugar en modalidade en liña, estivo dirixido a entidades do Terceiro Sector de Acción Social de Galicia e a administracións públicas.

A apertura do Seminario estivo a cargo María Quintiana, a Directora Xeral de Promoción da Igualdade da Consellería de Política Social e Igualdade e, a continuación, Isabel Presas, coordinadora dos centros Quérote + e educadora social, foi a encargada de impartir o Seminario.

O obxectivo desta xornada era proporcionar información do funcionamento e dos servizos que ofrecen os centros Querote +, ademais de abrir unha canle de comunicación entre profesionais da administración pública e das entidades sociais.

Os centros Quérote+ dan resposta a unha demanda social

O equipo de traballo de Quérote+ -profesionais en traballo social, educación social e psicoloxía- atende consultas referentes a dificultades, preocupacións ou curiosidades que a mocidade ten en relación coa sexualidade e a afectividade, a imaxe corporal e a autoestima, a convivencia e as relacións sociais no espazo físico e no virtual ou en relación ao consumo de certas substancias.

Este servizo persegue contribuír ao desenvolvemento integral de mozos e mozas, atendendo as súas necesidades, intervindo nos procesos de xeito preventivo. Asemade pretende axudar a que mulleres e homes aprendan a coñecerse, a aceptarse e a expresarse dun xeito satisfactorio e congruente. Outro dos obxectivos principais é facilitar ferramentas e habilidades á mocidade para poder construírse de xeito satisfactorio, así como estratexias que contribúan a adquirir autonomía e liberdade.

O traballo destes centros baséase en tres piares:

1) Proporcionar información e asesoramento por diferentes canles: presencial nos centros de toda Galicia (A Coruña, Lugo, Santiago, Ourense e Vigo), telefónica, online, mensaxería instantánea a través do 647 018 75 e videochamada (contactar co centro para solicitar cita previa).

Todas as persoas que o precisen poden acudir a estes centros. As consultas son personalizadas e individualizadas, creando un acompañamento emocional nun espazo seguro e amable onde acompañar a nivel profesional ás persoas, proporcionándolle información e recursos para que sexan as persoas ás que tomen as decisións.

2) Oferta formativa. A Xunta de Galicia a través dos centros Quérote+ pon a disposición dos centros educativos, concellos, entidades e asociacións a oferta formativa de obradoiros dirixidos á mocidade e ás familias.

3) Participación. Mediante mesas informativas, campañas de sensibilización, xornadas, divulgación en redes sociais, elaboración de materiais didácticos, revisión e colaboración en protocolos e estratexias no eixo da igualdade.

Unha ollada ao impacto dos centros Quérote +

Isabel Presas tamén destacou o alcance que ten este servizo. No 2024 resultaron beneficiarias dos sevizos dos centros Quérote +, 22.428 persoas, das cales 5.186 foron por consultas atendidas para proporcionar información e asesoramento, 544 víronse beneficiadas mediante accións formativas e 5.301 na área de participación.

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Rúa República do Salvador 3, 2ºD
Santiago de Compostela
15701 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies