EAPN Galicia gaña o premio “Boas Prácticas en Servizos Sociais” da Deputación da Coruña na área de investigación.
Enfoque centrado na persoa, atención integral, respectando tempos e circunstancias, e traballo en rede: as claves das entidades do Terceiro Sector para unha inclusión sociolaboral efectiva.
O equipo de EAPN Galicia co premio Boas Prácticas en Servizos Sociais
O 7 de maio celebrouse o acto de entrega do IV Premio de “Boas Prácticas en Servizos Sociais” que organiza tódolos anos a Deputación da Coruña. Estes premios teñen por obxecto recoñecer o traballo realizado por entidades do Terceiro Sector que salienten polo seu labor en defensa dos dereitos da cidadanía e a favor dos grupos máis vulnerables, promovendo un maior benestar social das persoas, grupos e comunidades.
Nesta cuarta edición a gañadora na área de Investigación científica no ámbito dos Servizos Sociais foi a Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social – EAPN Galicia co Manual de boas prácticas para a inclusión sociolaboral con persoas vulnerabilizadas.
Esta publicación mostra os resultados do Programa Integrado para o Fomento da Empregabilidade de Persoas Vulnerables, desenvolvido por 14 entidades do Terceiro Sector de Acción Social, coa coordinación de EAPN Galicia e co apoio da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Ministerio de Trabajo e Economía Social, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
A presidenta, Ana Pardo recollendo o premio
A finalidade deste programa e da investigación, en palabras da presidenta de EAPN Galicia, Ana Pardo, é “demostrar que somos as entidades do Terceiro Sector especializadas as que podemos garantir con éxito procesos individualizados, integrais e estables de inclusión sociolaboral de persoas en pobreza ou exclusión social”.
Enxalzou o valor engadido que proporcionan as entidades sociais co seu amplo coñecemento da realidade das persoas participantes á vez que sinalaba que con este manual “demostramos que é posible a inclusión sociolaboral das persoas vulnerabilizadas que poden traballar e que están desexando facelo con contratos e condicións dignas”, afirmaba con rotundidade Pardo no seu discurso trala recollida do premio.
Un programa que valida o sistema de intervención dende o Terceiro Sector
O Manual foi froito do desenvolvemento do Programa Integrado, tanto polos seus resultados como por unha investigación cualitativa que se fixo arredor do mesmo. Entre 2022 e 2023, 18 entidades sociais membro de EAPN Galicia levaron a cabo este programa con persoas en situación de vulnerabilidade con diferentes situación vitais. 14 executándoo directamente e catro máis colaborando na investigación.
O balance foi moi positivo: das máis de 600 persoas que participaron, 538 persoas completaron o itinerario formativo do Programa Integrado; e delas, 245 acadaron a inserción laboral. O que se traduce nunha taxa de inserción do 46%, duplicando amplamente os obxectivos inicialmente comprometidos dun 20%.
A investigación cursouse a través de entrevistas e grupos de discusión. Cunha consulta con persoal técnico e directivo do Terceiro Sector de Acción Social, profesionais da comunidade universitaria e da administración local e autonómica e por suposto coas persoas participantes no Programa.
O Manual aborda dous propósitos diferenciados pero estreitamente relacionados. Por un lado, a parte metodolóxica, servindo de ferramenta con pautas e orientacións para profesionais á hora de levar a cabo procesos de inclusión produtivos. Por outro lado, pretende ser un chamamento á acción social e política, con propostas para atallar as limitacións que se atopan nestes procesos.
Na banda da proposta metodolóxica da configuración dos procesos de inclusión sociolaboral, evidéncianse os seguintes puntos:
A clave está no enfoque centrado na persoa. Cunha atención individualizada e integral, e participando activamente no seu proceso de inclusión sociolaboral. Outro factor esencial é entender e abordar tódalas dimensións da persoa, fóra do eido laboral, respectando os tempos que vai marcando a propia participante.
É fundamental a cooperación de todos os axentes implicados no proceso: o traballo en rede entre as entidades e recursos involucrados, a colaboración co tecido empresarial e a coordinación coas diferentes áreas e niveis da administración. Neste senso unha das claves do éxito do programa foi a implicación política e técnica das e dos profesionais das consellerías de Emprego e de Política Social da Xunta de Galicia. “Unha das nosas principais demandas é asegurar a coordinación entre as administracións públicas, independentemente da súa cor política. Este galardón é tamén un recoñecemento ás diferentes administracións que fomentaron e impulsaron o programa e a propia investigación” lembraba Ana Pardo.
Na banda das propostas políticas, “presentamos claves de mellora das políticas públicas para que estes programas poidan resultar eficaces. Incluso as resumimos no Decálogo titulado“O emprego é un dereito, non unha obriga” informa a presidenta de EAPN Galicia.
Decálogo en galego
Decálogo en castelán
Este proxecto que abrangue tantas esferas, levou implícito moito traballo e esforzo por parte de tódolos axentes implicados. Parte do seu éxito radica na constancia e estabilidade do proceso e das súas profesionais. Feito que quixo destacar no seu discurso de agradecemento, a presidenta de EAPN Galicia: “Cando se prima e se financia este sobre esforzo continuado e a estabilidade laboral das profesionais contratadas, non con medidas puntuais, dispersas ou a curto prazo, as posibilidades de éxito aumentan notablemente. Moito máis cando se facilita e favorece o traballo en rede e a colaboración” subliñaba.
A exposición e descrición do proxecto no seguinte vídeo da man da presidenta de EAPN Galicia, Ana Pardo.
É posible acceder ao Manual e ao correspondente resumo executivo en diferentes versións nas seguintes ligazóns.
Comparte!As entidades do Terceiro Sector son unha peza fundamental na engranaxe do sistema de servizos sociais que precisa dun marco lexislativo e dunha financiación estable para poder sostelo. No marco do Seminario Anual de EAPN tivo lugar un acto simbólico para poñer en valor o labor do Terceiro Sector, á vez que se poñían de…
Comparte!Contratación dependente da Subvención para o fomento do emprego dos programas de cooperación da Xunta. EAPN Galicia busca unha persoa titulada en Socioloxía ou Antropoloxía, para formar parte da entidade durante 12 meses, exercendo funcións de reforzo da participación, comunicación, incidencia e investigación no eido da inclusión social, sociolaboral ou sociorresidencial. Ademais de traballo en…
Comparte!O XV informe “O Estado da Pobreza en Galicia 2025”, revela que no ano 2024 a pobreza e a exclusión social reduciuse 6,7 puntos, o que se traduce en case 180.000 persoas menos que no 2023. A taxa de pobreza infantil alcanza o seu mínimo na serie histórica cunha caída de 10,7 puntos. O 17,5…
Comparte!EAPN Galicia e a Dirección Xeral de Promoción da Igualdade organizaron un seminario web para informar a entidades do Terceiro Sector e administracións públicas dos servizos que ofrecen os centros Quérote+. Os centros Quérote+ son recursos de información, asesoramento e formación dirixidos á mocidade galega en temáticas como sexualidade, LGTBI+, benestar emocional, promoción da igualdade…
Comparte!O Terceiro Sector é un axente clave na transformación social e na defensa polos dereitos e igualdade das persoas máis vulnerables. As entidades sociais —asociacións e fundacións— aínda carecendo de ánimo de lucro, constitúen un sector industrial máis, creando valor económico e social. EAPN Galicia vén de lanzar a campaña #OrgulloTerceiroSector para reivindicar o…
Comparte!O Seminario web: Medidas urxentes de apoio ás familias monoparentais pon de manifesto a escaseza de accións para protexer ás familias monoparentais. Case 4 anos de incumprimento da Lei de Impulso Demográfico agrava a situación destas familias. A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) e EAPN Galicia organizaron o 18 de setembro…
Comparte!Presentamos unha das novas entidades membro de EAPN Galicia. Ayuda en Acción é unha ONG internacional que traballa con infancia e mocidade, acompañando e xerando oportunidades de desenvolvemento. Un dos seus obxectivos é facilitar o acceso á educación e transición cara o emprego e o emprendemento. Poñendo o foco na propia persoa como xeradora de…
Comparte!Galicia é a segunda autonomía que máis crece, marcando a Casilla no imposto de sociedades o 20,2% das empresas, fronte ao 2% da campaña anterior A nivel nacional máis de 300.000 empresas logran unha recadación histórica de 83,68 millones de euros co seu xesto. O prazo para a presentación do imposto de sociedades está aberto…
Comparte!EAPN Galicia e a Valedora do Pobo abordan temas que atinxen ás persoas en situación de vulnerabilidade a prol da defensa dos seus dereitos A Valedora do Pobo transmite a preocupación compartida polo latente e estendido discurso do odio na súa visita á sede de EAPN Galicia O pasado 8 de xullo a Valedora…
Comparte! O 18 de xuño, Día Internacional para Contrarrestar o Discurso de Odio, as entidades que integramos EAPN Galicia aprobamos por unanimidade na nosa Asamblea Xeral a declaración “Tolerancia e respecto. Fronte ao discurso do odio e a aporofobia”. Nun escenario internacional cada vez máis polarizado, onde a desinformación e os prexuízos xeradores de discursos de odio…
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.
Fai un comentario