Inicio / destacadas / novas / As claves do Terceiro Sector para a inclusión sociolaboral: enfoque centrado na persoa, perspectiva integral e traballo en rede
As claves do Terceiro Sector para a inclusión sociolaboral: enfoque centrado na persoa, perspectiva integral e traballo en rede
A implicación conxunta de 14 entidades traballando en rede, cunha metodoloxía integral e individualizada, foron determinantes para o éxito dos resultados obtidos
No Simposio ‘A inclusión sociolaboral das persoas vulnerabilizadas’ presentáronse os resultados do Programa e mais o ‘Manual de boas prácticas para a inclusión sociolaboral con persoas vulnerabilizadas’
O pasado 15 de novembro, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, celebrouse o Simposio ‘A inclusión sociolaboral das persoas vulnerabilizadas: mellora das políticas públicas para erradicar a pobreza e a exclusión’. Foi o evento de peche do Programa Integrado para o Fomento da Empregabilidade de Persoas Vulnerables, desenvolvido no período 2022-2023 por 14 entidades do Terceiro Sector de Acción Social (TSAS), coa coordinación de EAPN Galicia e co financiamento da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e do Ministerio de Traballo e Economía Social, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
No Simposio presentáronse os resultados cuantitativos e cualitativos do Programa Integrado. Do balance cabe destacar que melloraron a súa empregabilidade máis de 600 persoas en situación ou risco de exclusión social. Un total de 538 persoas completaron os itinerarios do Programa Integrado; e delas, 245 acadaron a inserción laboral. É dicir, obtívose unha taxa de inserción do 46%, duplicando amplamente os obxectivos comprometidos inicialmente, que eran dun 20%.
A implicación conxunta, por primeira vez, de 14 entidades do TSAS galego traballando en rede pola inclusión sociolaboral, así como a metodoloxía empregada, cun enfoque integral, individualizado e totalmente centrado na persoa, foron determinantes para o éxito dos resultados obtidos no programa.
O encontro tamén serviu como medio para presentar o ‘Manual de boas prácticas para a inclusión sociolaboral con persoas vulnerabilizadas’, un dos principais propósitos deste programa de cara a continuar realizando incidencia política no eido do emprego.
Trátase dun documento imprescindible tanto para o TSAS coma para os organismos públicos, dado que contén o coñecemento e as claves para realizar unha inclusión sociolaboral efectiva con persoas en situación de vulnerabilidade dentro do contexto socioeconómico no que estamos a vivir.
De onde partimos?
O Manual foi o resultado dunha investigación cualitativa que se desenvolveu no marco do Programa Integrado, entre os meses de outubro de 2022 e outubro de 2023. O obxectivo xeral do estudo foi o de visibilizar e poñer en valor o coñecemento e o traballo do Terceiro Sector en materia de inclusión sociolaboral, así como recoller as súas demandas e retos, coa finalidade de contribuír a mellorar a abordaxe integral desta cuestión.
A través de entrevistas e grupos de discusión, realizouse unha consulta con persoal técnico e directivo do TSAS, con profesionais do ámbito universitario e da administración local e autonómica, así como con persoas participantes no Programa Integrado.
O Manual pretende ser unha ferramenta práctica, con pautas e orientacións para desenvolver procesos de inclusión produtivos, ao tempo que un chamamento á acción social e política, con propostas para atallar as limitacións que se atopan en ditos procesos.
Dun lado, o Manual achega unha proposta metodolóxica para configurar procesos de inclusión sociolaboral produtivos.
A clave desta metodoloxía está no enfoque centrado na persoa, que ofrece unha atención individualizada e integral, proporcionando apoios coordinados e estables a medio e longo prazo non só no eido laboral, senón en todos os ámbitos en que a persoa enfronte vulnerabilidades.
Para isto é fundamental a cooperación de todos os axentes implicados no proceso: o traballo en rede entre as entidades e recursos involucrados, a colaboración co tecido empresarial e a coordinación coas diferentes áreas e niveis da administración.
Doutro lado, o Manual presenta propostas demellora das políticas públicas para que os programas de inclusión sociolaboral poidan resultar eficaces. As achegas quedan resumidas no Decálogo titulado ‘O emprego é un dereito, non unha obriga’.
É posible acceder ao Manual e ao correspondente Resumo executivo nas seguintes ligazóns:
O Simposio dirixiuse a proporcionar espazos para o encontro, a comunicación e, polo tanto, a posibilidade de establecer sinerxías entre TSAS, tecido empresarial, administracións e universidade, co obxectivo de seguir mellorando o traballo en inclusión sociolaboral. Así, completou os seus contidos con varias mesas redondas nas que colaboraron persoas representantes de cada un destes ámbitos.
O evento foi transmitido por streaming e pode verse aquí:
A continuación, deixamos os contidos do evento, cunha breve descrición e a ligazón ao minuto do vídeo no que se desenvolven:
Presentación institucional. Ana Pardo, Presidenta EAPN Galicia; Arturo Parrado, Director xeral de Inclusión Social; María Canal, Conselleira económica da Comisión Europea en España; Alberto Fuentes, Secretario xeral técnico da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. (Ligazón)
Presentación do Balance de resultados do Programa. Berta Lema, coordinadora do Programa Integrado. (Ligazón)
Presentación do Manual de boas prácticas para a inclusión sociolaboral con persoas vulnerabilizadas. Verónica Verdía, investigadora Manual Inclusión Sociolaboral; Berta Lema, coordinadora do Programa Integrado. (Ligazón)
A inclusión sociolaboral en primeira persoa. Tratouse dunha conversa con persoas participantes no Programa integrado que tivo por obxectivo achegarnos ás dificultades para a inclusión sociolaboral e reflexionar sobre o que precisamos para que esta se poida garantir. Contouse coa presenza de Rosa Hidalgo (participante da Fundación Érguete-Integración), Chema Blanco (participante da Fundación Ronsel), Pablo Suárez (participante de ASPANAES- Federación Autismo) e Keyla Rodrigues (participante de Ecos do Sur). (Ligazón)
As entidades do Terceiro Sector traballando en rede coas empresas. Tivo por obxectivo visibilizar e recoñecer as boas prácticas na colaboración entre entidades do TSAS e o tecido empresarial nos programas de inclusión. Tamén se abordaron os retos de futuro para afianzar as ditas colaboracións. Contamos coa participación de Rocío Domínguez, prospectora laboral da Fundación Érguete-Integración, xunto con María Nadales, da FNAC Vigo. Tamén tivemos a presenza de Rosa Mosquera, prospectora de Ecos do Sur, xunto con Estefanía López-Amado, técnica de organización e talento en Vegalsa Eroski e Juan Mato, xerente na empresa Abocados. A mesa foi moderada por Íñigo Caínzos, xornalista de Radio Galicia Cadena Ser. (Ligazón)
Traballando en rede pola inclusión sociolaboral. Abordouse a importancia do traballo en rede entre as entidades do TSAS, a coordinación entre estas e as distintas áreas e niveis administrativos, e as posibilidades de colaboración entre o TSAS e a universidade. Participaron as seguintes profesionais: Eva Vera, directora territorial da Fundación Secretariado Xitano en Galicia; María José Alonso, técnica do servizo de orientación laboral da Consellería de Emprego; Xosé Alberte Cea, orientador laboral do Concello de Vigo; Ana Colino, xefa de sección de Fomento do Emprego do Concello da Coruña; Jesús Deibe Fernández-Simo, profesor na Facultade de Educación e Traballo Social da Universidade de Vigo. (Ligazón)
Conclusións finais. Ana Pardo, Presidenta de EAPN Galicia; Ana Álvarez, Secretaria de EAPN Galicia; Xosé Cuns, Director de EAPN Galicia. (Ligazón)
Clausura institucional. Ana Pardo, Presidenta de EAPN Galicia; María Rivas, Subdelegada do Goberno A Coruña; Manuel Pérez, Presidente do Consello Económico e Social de Galicia (Ligazón)
Comparte!As entidades do Terceiro Sector son unha peza fundamental na engranaxe do sistema de servizos sociais que precisa dun marco lexislativo e dunha financiación estable para poder sostelo. No marco do Seminario Anual de EAPN tivo lugar un acto simbólico para poñer en valor o labor do Terceiro Sector, á vez que se poñían de…
Comparte!Contratación dependente da Subvención para o fomento do emprego dos programas de cooperación da Xunta. EAPN Galicia busca unha persoa titulada en Socioloxía ou Antropoloxía, para formar parte da entidade durante 12 meses, exercendo funcións de reforzo da participación, comunicación, incidencia e investigación no eido da inclusión social, sociolaboral ou sociorresidencial. Ademais de traballo en…
Comparte!O XV informe “O Estado da Pobreza en Galicia 2025”, revela que no ano 2024 a pobreza e a exclusión social reduciuse 6,7 puntos, o que se traduce en case 180.000 persoas menos que no 2023. A taxa de pobreza infantil alcanza o seu mínimo na serie histórica cunha caída de 10,7 puntos. O 17,5…
Comparte!EAPN Galicia e a Dirección Xeral de Promoción da Igualdade organizaron un seminario web para informar a entidades do Terceiro Sector e administracións públicas dos servizos que ofrecen os centros Quérote+. Os centros Quérote+ son recursos de información, asesoramento e formación dirixidos á mocidade galega en temáticas como sexualidade, LGTBI+, benestar emocional, promoción da igualdade…
Comparte!O Terceiro Sector é un axente clave na transformación social e na defensa polos dereitos e igualdade das persoas máis vulnerables. As entidades sociais —asociacións e fundacións— aínda carecendo de ánimo de lucro, constitúen un sector industrial máis, creando valor económico e social. EAPN Galicia vén de lanzar a campaña #OrgulloTerceiroSector para reivindicar o…
Comparte!O Seminario web: Medidas urxentes de apoio ás familias monoparentais pon de manifesto a escaseza de accións para protexer ás familias monoparentais. Case 4 anos de incumprimento da Lei de Impulso Demográfico agrava a situación destas familias. A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) e EAPN Galicia organizaron o 18 de setembro…
Comparte!Presentamos unha das novas entidades membro de EAPN Galicia. Ayuda en Acción é unha ONG internacional que traballa con infancia e mocidade, acompañando e xerando oportunidades de desenvolvemento. Un dos seus obxectivos é facilitar o acceso á educación e transición cara o emprego e o emprendemento. Poñendo o foco na propia persoa como xeradora de…
Comparte!Galicia é a segunda autonomía que máis crece, marcando a Casilla no imposto de sociedades o 20,2% das empresas, fronte ao 2% da campaña anterior A nivel nacional máis de 300.000 empresas logran unha recadación histórica de 83,68 millones de euros co seu xesto. O prazo para a presentación do imposto de sociedades está aberto…
Comparte!EAPN Galicia e a Valedora do Pobo abordan temas que atinxen ás persoas en situación de vulnerabilidade a prol da defensa dos seus dereitos A Valedora do Pobo transmite a preocupación compartida polo latente e estendido discurso do odio na súa visita á sede de EAPN Galicia O pasado 8 de xullo a Valedora…
Comparte! O 18 de xuño, Día Internacional para Contrarrestar o Discurso de Odio, as entidades que integramos EAPN Galicia aprobamos por unanimidade na nosa Asamblea Xeral a declaración “Tolerancia e respecto. Fronte ao discurso do odio e a aporofobia”. Nun escenario internacional cada vez máis polarizado, onde a desinformación e os prexuízos xeradores de discursos de odio…
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.
Fai un comentario