Inicio / destacadas / novas / A falta de acceso a unha vivenda digna, axeitada e accesible impide a loita contra a pobreza en Galicia #EmerxenciaVivenda
A falta de acceso a unha vivenda digna, axeitada e accesible impide a loita contra a pobreza en Galicia #EmerxenciaVivenda
Se a exclusión residencial afectaba antes da pandemia ao 35% da poboación galega, na actualidade o elevado gasto en vivenda está a obrigar a moitas familias e persoas en pobreza a priorizar gastos, incluso na calidade da alimentación, e impide de facto o éxito nos procesos e medidas de inclusión social
Coa campaña #EmerxenciaVivenda as organizacións membro de EAPN pretenden visibilizar a gravidade da situación e reclamar o aumento drástico e urxente dos raquíticos orzamentos adicados ao acceso á vivenda na Xunta e na maioría dos concellos galegos e a súa coordinación coas entidades do Terceiro Sector
As redes EAPN de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social en toda España e as súas máis de catro mil entidades membro veñen de lanzar a Campaña #EmergenciaVivienda: Por el derecho a una vivienda digna, adecuada y accesible, para chamar a atención sobre a emerxencia residencial e habitacional na que viven máis de 11 millóns de persoas en España. Unha problemática á que apenas se lle ten dado resposta nos últimos anos dende as administracións públicas.
A gravidade da situación é especialmente preocupante en Galicia. En palabras da presidenta de EAPN Galicia, Eloina Ingerto, na Comisión de Reactivación Económica e Social: “A vivenda é o primeiro! Non hai día en que nas nosas organizacións non escoiten este berro. Por iso síntome obrigada a recoñecer a nosa frustración e ata impotencia por non estar sendo capaces de transmitir coa gravidade que merece a situación de emerxencia residencial na que viven milleiros de familias galegas. É imposible unha reactivación económica e social se non se multiplica o investimento en vivenda digna e accesible”
Aumentar o ínfimo orzamento da Xunta de Galicia e a coordinación con concellos e entidades do terceiro sector para facilitar o alugueiro social.
Fronte a esta emerxencia, a futura Lei Estatal polo Dereito á Vivenda e o Plan Estatal de Acceso á Vivenda, así como fondos como os NextGenerationUE representan unha oportunidade para asegurar a función social da vivenda en todo o territorio e facer fronte á necesidade de acceder a unha vivenda digna, axeitada e accesible que garanta a calidade de vida e os dereitos fundamentais das persoas. Ao igual que o supón o Pacto de Vivenda de Galicia 2021-2025.
A campaña denuncia que na maioría de comunidades autónomas e concellos hai unha clara falta de dotación orzamentaria así como de políticas e medidas fortes e cohesionadas que apuntalen o dereito á vivenda e reclama en toda España, pero de xeito especial en Galicia, considerar o investimento en vivenda digna e accesible como obra pública prioritaria.
É urxente o aumento do ínfimo orzamento do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) da Xunta de Galicia e que este sexa executado na súa totalidade. O recoñecido esforzo deste departamento e do seu persoal non pode afrontar evidencias como que as 3.534 vivendas do parque público de vivienda para alugueiro social en Galicia no 2019 so supoñan o 0,32% das vivendas principais. 3 veces menos que a media estatal do 0,96% e 30 veces menos que no conxunto da Unión Europea (9,3%). Ou que o 40% das vivendas actuais precisen melloras de accesibilidade.
Fonte: Boletín especial de Vivienda Social 2020. MITMA
A calquera persoa afectada pídeselle contar a súa realidade ou publicar fotos e vídeos nas súas redes sociais mostrando a emerxencia do acceso á vivenda coa etiqueta #EmergenciaVivienda
Xornada. Asegurando o dereito a unha vivenda digna, axeitada e accesible. 30 de setembro
O 30 de setembro, EAPN Galicia organiza esta xornada técnica coa que pretende brindar un espazo de reflexión e diálogo entre profesionais das Administracións Públicas, entidades do Terceiro Sector e outros axentes sociais que traballan para favorecer a inclusión das persoas vulneradas. Nesta xornada xa está confirmada a presenza, entroutros, de representantes da Valedoría do Pobo, IGVS, Consellería de Política Social ou da Asociación Galega de Inmobiliarias (AGALIN)
Comparte!As entidades do Terceiro Sector son unha peza fundamental na engranaxe do sistema de servizos sociais que precisa dun marco lexislativo e dunha financiación estable para poder sostelo. No marco do Seminario Anual de EAPN tivo lugar un acto simbólico para poñer en valor o labor do Terceiro Sector, á vez que se poñían de…
Comparte!O XV informe “O Estado da Pobreza en Galicia 2025”, revela que no ano 2024 a pobreza e a exclusión social reduciuse 6,7 puntos, o que se traduce en case 180.000 persoas menos que no 2023. A taxa de pobreza infantil alcanza o seu mínimo na serie histórica cunha caída de 10,7 puntos. O 17,5…
Comparte!EAPN Galicia e a Dirección Xeral de Promoción da Igualdade organizaron un seminario web para informar a entidades do Terceiro Sector e administracións públicas dos servizos que ofrecen os centros Quérote+. Os centros Quérote+ son recursos de información, asesoramento e formación dirixidos á mocidade galega en temáticas como sexualidade, LGTBI+, benestar emocional, promoción da igualdade…
Comparte!O Seminario web: Medidas urxentes de apoio ás familias monoparentais pon de manifesto a escaseza de accións para protexer ás familias monoparentais. Case 4 anos de incumprimento da Lei de Impulso Demográfico agrava a situación destas familias. A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) e EAPN Galicia organizaron o 18 de setembro…
Comparte!Galicia é a segunda autonomía que máis crece, marcando a Casilla no imposto de sociedades o 20,2% das empresas, fronte ao 2% da campaña anterior A nivel nacional máis de 300.000 empresas logran unha recadación histórica de 83,68 millones de euros co seu xesto. O prazo para a presentación do imposto de sociedades está aberto…
Comparte!EAPN Galicia e a Valedora do Pobo abordan temas que atinxen ás persoas en situación de vulnerabilidade a prol da defensa dos seus dereitos A Valedora do Pobo transmite a preocupación compartida polo latente e estendido discurso do odio na súa visita á sede de EAPN Galicia O pasado 8 de xullo a Valedora…
Comparte! O 18 de xuño, Día Internacional para Contrarrestar o Discurso de Odio, as entidades que integramos EAPN Galicia aprobamos por unanimidade na nosa Asamblea Xeral a declaración “Tolerancia e respecto. Fronte ao discurso do odio e a aporofobia”. Nun escenario internacional cada vez máis polarizado, onde a desinformación e os prexuízos xeradores de discursos de odio…
Comparte!Máis de 80 persoas berraron “Que non nos limite ninguén!” no XVI Encontro Galego de Participación celebrado o pasado 11 de xuño en Santiago de Compostela, baixo o lema Estereotipos, que non te limiten. Unha xornada na que se abordaron as barreiras e dificultades de acceso a servizos básicos, así como un trato discriminatorio por…
Comparte!EAPN Galicia impulsa un estudo sobre a provisión e xestión de vivenda polo Terceiro Sector en Galicia. Conta co apoio da Consellería de Política Social e Igualdade e do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas. Para a recollida de información elaborouse un formulario que se achegará ás…
Comparte!EAPN Galicia gaña o premio “Boas Prácticas en Servizos Sociais” da Deputación da Coruña na área de investigación. Enfoque centrado na persoa, atención integral, respectando tempos e circunstancias, e traballo en rede: as claves das entidades do Terceiro Sector para unha inclusión sociolaboral efectiva. O 7 de maio celebrouse o acto de entrega do…
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.
Fai un comentario