No IX Seminario Galego de Participación e Cidadanía Inclusiva case 90 persoas en risco de pobreza ou exclusión identifican as desigualdades que lles afectan e propoñen medidas para combatelas, en especial as que aseguren a igualdade de xénero.
Baixo o lema “Facendo camiño: Xuntas pola igualdade real” e a etiqueta #ReclamoIgualdade EAPN-Galicia celebrou o pasado 23 de maio a novena edición do Seminario Galego de Participación e Cidadanía Inclusiva.
Este seminario supón unha oportunidade para cuestionar situacións da vida cotiá que impiden a plena inclusión das persoas, perpetúan situacións inxustas, alimentan estereotipos negativos e accións prexuiciosas. O fin último é un maior empoderamento e un nivel óptimo de participación real e efectiva das persoas na sociedade na que viven, defendendo e loitando polos dereitos fundamentais.
A esta xornada acudiron preto de 90 participantes (a maioría en situación ou risco de pobreza ou exclusión) das entidades membro da rede, buscando reflexionar sobre as desigualdades ás que se enfronta cada persoa en diferéntes áreas da nosa sociedade (laboral, sanitaria, educación, rendas mínimas, etc, así como qué propostas poderían levarse a cabo para combatir ditas desigualdades.
Na primeira parte da xornada e nos 8 obradoiros locais previos, tras lembrar a preocupante denuncia no seminario do ano pasado sobre as mentiras, estereotipos e prexuízos que afectan ás persoas e que motivou que o Parlamento de Galicia aprobara por unanimidade unha Declaración Institucional contra o odio e a intolerancia, douse resposta en grupos de reflexion a tres preguntas: Qué entendes por igualdade?; Qué tipos de desigualdades se che ocorren?; Cómo podemos combater estas desigualdades?
“Máis cartos, equivalen a máis dereitos”.
Loitar contra o fraude fiscal e asegurar unha fiscalidade que non siga perxudicando as persoas con menos ingresos, denunciar o aproveitamento das necesidades das persoas para a súa contratación precaria ou o “amedrentamento” e culpabilización dende a administración pública, redución drástica das múltiples barreiras burocráticas que as persoas se atopan a diario para acceder aos seus dereitos ou fomentar a competencia empresarial “para que baixen os prezos a beneficio de todos os cidadáns con menos recursos” foron algunhas das propostas realizadas.
NON É NON!
A segunda parte da xornada dedicouse a dar resposta á pregunta Qué propoño a favor da igualdade de xénero?. Entendida como a falta de equidade, equilibro ou igualdade de oportunidades, participación social, económica, política, laboral ou acceso a recursos entre xéneros. E no que as mulleres son o xénero máis vulnerable e con máis barreiras de acceso a todos estes ámbitos.
Equiparación por lei de salarios, educación por igual dende a infancia para nenas e nenos; recoñecemento dos traballos non remunerados (traballo no fogar, coidado de persoas dependentes, etc.), sentencias xustas e concienciar en contra da cultura da violación, identificar en como afecta o machismo tamén aos homes para xerar maior empatía e conciencia feminista ou fomentar o emprego feminino en ámbitos e profesións tradicionalmente atribuídos aos homes (e viceversa), foron algunhas das múltiples propostas identificadas.
Os aportes recollidos serán estudiados polas entidades membro de EAPN Galicia para a súa presentación a grupos parlamentarios, responsables da Xunta de Galicia e Valedora do Pobo no vindeiro Día Mundial de Erradicación da Pobreza o 17 de outubro. Tamén formarán parte das demandas nos encontro estatal e europeo de participación
Comparte!As entidades do Terceiro Sector son unha peza fundamental na engranaxe do sistema de servizos sociais que precisa dun marco lexislativo e dunha financiación estable para poder sostelo. No marco do Seminario Anual de EAPN tivo lugar un acto simbólico para poñer en valor o labor do Terceiro Sector, á vez que se poñían de…
Comparte!O XV informe “O Estado da Pobreza en Galicia 2025”, revela que no ano 2024 a pobreza e a exclusión social reduciuse 6,7 puntos, o que se traduce en case 180.000 persoas menos que no 2023. A taxa de pobreza infantil alcanza o seu mínimo na serie histórica cunha caída de 10,7 puntos. O 17,5…
Comparte!EAPN Galicia e a Dirección Xeral de Promoción da Igualdade organizaron un seminario web para informar a entidades do Terceiro Sector e administracións públicas dos servizos que ofrecen os centros Quérote+. Os centros Quérote+ son recursos de información, asesoramento e formación dirixidos á mocidade galega en temáticas como sexualidade, LGTBI+, benestar emocional, promoción da igualdade…
Comparte!O Seminario web: Medidas urxentes de apoio ás familias monoparentais pon de manifesto a escaseza de accións para protexer ás familias monoparentais. Case 4 anos de incumprimento da Lei de Impulso Demográfico agrava a situación destas familias. A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) e EAPN Galicia organizaron o 18 de setembro…
Comparte!Galicia é a segunda autonomía que máis crece, marcando a Casilla no imposto de sociedades o 20,2% das empresas, fronte ao 2% da campaña anterior A nivel nacional máis de 300.000 empresas logran unha recadación histórica de 83,68 millones de euros co seu xesto. O prazo para a presentación do imposto de sociedades está aberto…
Comparte!EAPN Galicia e a Valedora do Pobo abordan temas que atinxen ás persoas en situación de vulnerabilidade a prol da defensa dos seus dereitos A Valedora do Pobo transmite a preocupación compartida polo latente e estendido discurso do odio na súa visita á sede de EAPN Galicia O pasado 8 de xullo a Valedora…
Comparte! O 18 de xuño, Día Internacional para Contrarrestar o Discurso de Odio, as entidades que integramos EAPN Galicia aprobamos por unanimidade na nosa Asamblea Xeral a declaración “Tolerancia e respecto. Fronte ao discurso do odio e a aporofobia”. Nun escenario internacional cada vez máis polarizado, onde a desinformación e os prexuízos xeradores de discursos de odio…
Comparte!Máis de 80 persoas berraron “Que non nos limite ninguén!” no XVI Encontro Galego de Participación celebrado o pasado 11 de xuño en Santiago de Compostela, baixo o lema Estereotipos, que non te limiten. Unha xornada na que se abordaron as barreiras e dificultades de acceso a servizos básicos, así como un trato discriminatorio por…
Comparte!EAPN Galicia impulsa un estudo sobre a provisión e xestión de vivenda polo Terceiro Sector en Galicia. Conta co apoio da Consellería de Política Social e Igualdade e do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas. Para a recollida de información elaborouse un formulario que se achegará ás…
Comparte!EAPN Galicia gaña o premio “Boas Prácticas en Servizos Sociais” da Deputación da Coruña na área de investigación. Enfoque centrado na persoa, atención integral, respectando tempos e circunstancias, e traballo en rede: as claves das entidades do Terceiro Sector para unha inclusión sociolaboral efectiva. O 7 de maio celebrouse o acto de entrega do…
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.
Fai un comentario