Nace “EnRedeSocial”, o novo boletín externo de EAPN-Galicia
— 29 Maio, 2018
780
Xa te podes subscribir para comezar a recibilo no teu correo electrónico. So tes que facer click nesta imaxe…

O boletín pretende ser un espazo de información dende as entidades membro da rede EAPN-Galicia, para toda persoa ou entidade interesada en coñecer as últimas novas das organizacións do Terceiro Sector de Acción Social galego implicadas na loita contra a pobreza, a exclusión e a desigualdade social e de xénero.
O boletín de EAPN-Galicia púxose en marcha o pasado 21 de maio coa súa primeira edición que podedes visualizar neste enlace.
Os envíos seguintes realizaranse quincenalmente (o segundo e o cuarto martes de cada mes), co propósito de difundir información, documentación, actividades e normativa de interese.
Se queres recibir EnRedeSocial no teu correo electrónico, pincha aquí
[button style=”solid” size=”medium” link=”https://acumbamail.com/newform/web/MLi7E5KXfydtyzgYCi3jHu9dw0WdIfVFoeDeL11eaKrjO3wW/8532/” target=”blank”]SUBSCRÍBETE XA![/button]
Traballamos polas mesmas causas, desde un enfoque de dereitos pola defensa dos intereses das persoas en situación ou risco de pobreza e da súa participación comunitaria plena.
Fai un comentario