O Grupo de Participación de mocidade de EAPN Galicia acudiu o 21 de outubro o Encontro Estatal de Diálogo Estruturado, no marco do programa de EAPN España: JovEU: Motor de transformación social en Europa.
Máis de 150 persoas, entre mozas, representantes de institucións públicas a nivel europeo, nacional, autonómico e local e de organizacións sociais, déronse cita en Madrid para debater sobre os temas que máis preocupan á mocidade.
Pese que, segundo esta enquisa, o95% das persoas marcaban como principal motivo de preocupación da mocidade galega o Emprego; a vivenda, formación e o ocio deben ser tamén eixes centrais nas políticas dirixidas a xuventude española.
A importancia de que o Estado promova unha mocidade participativa, no que o emprego, a educación, a vivenda, e o ocio poda chegar a todos e todas, foi o foco de atención da mesa de diálogo no Encontro, conformada polos principais axentes sociais e políticos neste ámbito.
Nos talleres específicos sobre Emprego, nos que o Grupo de Participación da Mocidade de EAPN Galicia ten elaborado un informe específico que se presentará no vindeiro Foro Galego de Loita contra a pobreza e terceiro sector, priorizáronse 5 medidas urxentes e imprescindibles para comezar a ter éxito nas políticas contra o desemprego xuvenil.
Colaboración das entidades e a administración con empresas que favorezan a contratación de mozas. Participación xuvenil no proceso, limitar bonificacións a quen paga salarios por encima do mínimo do sector para evitar precariedade e para financiar formación a traballadores para postos de traballo, antes e durante.
Acompañamento personalizado nos itinerarios de inserción sociolaboral: menos cociente de persoas por profesionais de ámbito sociolaboral en administración e ONG, redución drástica de burocracia e evitar a deshumanizacion do proceso (atención estable de profesionais, tempo de calidade) e un sistema integrado de orientación laboral e servizos sociais, non cada un polo seu lado. Un único profesional (ou equipo) tanto en ONG como na administración.
Xerar espazos de autoaxuda e traballo en equipo: Lanzadeiras de emprego, formación adaptada a necesidades laborais, saídas educativas, etc. temas complexos a mais básicos (facer currículos), oficinas de emprego (soas ou con axuda ONG) convocar a reunións con empresarios.
Adecuar o acceso ao mediocre Sistema de Garantía Xuvenil a mozas con menos posibilidades: Eliminar criterios absurdos (poder compaxinar con formación ou empregos temporais, financiar pequenos gastos ou formacións como carné de conducir), difusión masiva pero adaptada a medios de comunicación que usan os mozos e redes sociais e asegurar coordinación, compartir bases de datos, máxima transparencia (mozos en sistema, accións formación ou orientación, contratacións) dentro do Ministerio (INEM e SGJ) e con CCAA.
Cumprir coa cota de reserva de postos de traballo en empresa e administración publica tanto para persoas con discapacidade como para calquera persoa en risco de exclusión social: triplicar multas en caso de incumprimento, animar ás ONG para denunciar á autoridade laboral inclumpimientos.
En todas estas demandas, os mozos participantes apuntaron como dificultades comúns aspectos como a corrupción ou o escaso interese político, a burocracia extrema e o desencanto e desinterese xuvenil
A través deste proxecto, EAPN España, pretende que esas propostas cheguen as institucións públicas, servindo de altofalantes das voces da mocidade.
Comparte!Contratación dependente da Subvención para o fomento do emprego dos programas de cooperación da Xunta. EAPN Galicia busca unha persoa titulada en Socioloxía ou Antropoloxía, para formar parte da entidade durante 12 meses, exercendo funcións de reforzo da participación, comunicación, incidencia e investigación no eido da inclusión social, sociolaboral ou sociorresidencial. Ademais de traballo en…
Comparte!O XV informe “O Estado da Pobreza en Galicia 2025”, revela que no ano 2024 a pobreza e a exclusión social reduciuse 6,7 puntos, o que se traduce en case 180.000 persoas menos que no 2023. A taxa de pobreza infantil alcanza o seu mínimo na serie histórica cunha caída de 10,7 puntos. O 17,5…
Comparte!O Seminario web: Medidas urxentes de apoio ás familias monoparentais pon de manifesto a escaseza de accións para protexer ás familias monoparentais. Case 4 anos de incumprimento da Lei de Impulso Demográfico agrava a situación destas familias. A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) e EAPN Galicia organizaron o 18 de setembro…
Comparte!Presentamos unha das novas entidades membro de EAPN Galicia. Ayuda en Acción é unha ONG internacional que traballa con infancia e mocidade, acompañando e xerando oportunidades de desenvolvemento. Un dos seus obxectivos é facilitar o acceso á educación e transición cara o emprego e o emprendemento. Poñendo o foco na propia persoa como xeradora de…
Comparte!EAPN Galicia e a Valedora do Pobo abordan temas que atinxen ás persoas en situación de vulnerabilidade a prol da defensa dos seus dereitos A Valedora do Pobo transmite a preocupación compartida polo latente e estendido discurso do odio na súa visita á sede de EAPN Galicia O pasado 8 de xullo a Valedora…
Comparte!Máis de 80 persoas berraron “Que non nos limite ninguén!” no XVI Encontro Galego de Participación celebrado o pasado 11 de xuño en Santiago de Compostela, baixo o lema Estereotipos, que non te limiten. Unha xornada na que se abordaron as barreiras e dificultades de acceso a servizos básicos, así como un trato discriminatorio por…
Comparte!EAPN Galicia impulsa un estudo sobre a provisión e xestión de vivenda polo Terceiro Sector en Galicia. Conta co apoio da Consellería de Política Social e Igualdade e do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas. Para a recollida de información elaborouse un formulario que se achegará ás…
Comparte!EAPN Galicia gaña o premio “Boas Prácticas en Servizos Sociais” da Deputación da Coruña na área de investigación. Enfoque centrado na persoa, atención integral, respectando tempos e circunstancias, e traballo en rede: as claves das entidades do Terceiro Sector para unha inclusión sociolaboral efectiva. O 7 de maio celebrouse o acto de entrega do…
Comparte!Con actos en Santiago, Vigo, Verín, Lugo, Ferrol, A Estrada, Silleda, Val do Dubra, Ribeira ou Muros, as entidades sociais galegas animan á cidadanía a marcar o X solidario no recadro 106 “Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social” na súa declaración da renda. Na campaña do 2024, 793.484 contribuíntes galegos e galegas, marcaron…
Comparte! Organizacións do Terceiro Sector, cooperativas ou banca ética estarán representadas nun mesmo espazo en Compostela para crear sinerxías e multiplicar o seu impacto social. A nova sede, inaugurada o Día da Xustiza Social, simboliza un modelo de colaboración baseado na inclusión, a solidariedade e a sostibilidade. A Unión de Cooperativas EspazoCoop, EAPN Galicia…
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.
Fai un comentario