EAPN-Galicia convocou hoxe a xornalistas e representantes de medios de comunicación de referencia na nosa comunidade para conversar sobre o tratamento mediatico dos temas relacionados con pobreza e exclusión social e dar a coñecer a nosa Guía de estilo: pobreza, vulnerabilidade e voluntariado e o recentemente aprobado Código de conduta e boas prácticas na comunicación da pobreza e a exclusión social, un documento que contén un decálogo de pautas comunicativas consensuadas polas entidades que conforman a Rede Galega contra a Pobreza e que definen como debe ser a comunicación sobre as realidades coas que traballamos, respetando a dignidade das persoas como suxetos de dereitos e fuxindo de discursos e prácticas asistencialistas.
O Museo Pedagóxico Galego acolleu esta xuntanza, que foi presentado polo presidente da EAPN-Galicia, Antonio Hernández, e pola Directora Xeral de Familia e Inclusión, Mª Amparo González. A continuación, o director da rede, Xosé Cuns, presentou a Guía de estilo, un documento que pretende servir como ferramenta de utilidade para que os profesionais da comunicación poidan ofrecer unha información de calidade sobre as persoas en situación de pobreza. Despois presentouse da man de Ana Escrigas, membro do Grupo de Comunicación da EAPN-Galicia, o Código de conduta e boas prácticas na comunicación da pobreza e a exclusión social,
Tras estas presentacións, directivos de medios de comunicación galegos, xornalistas e representantes das entidades sociais, fundamentalmente responsables de comunicación, mantiveron unha conversa sobre todo o exposto anteriormente. Nesta reunión de carácter máis informal, expuxéronse as inquedanzas de ámbalas dúas partes á hora de trasladar á sociedade mensaxes sobre pobreza e exclusión social, do mesmo xeito que se afianzaron lazos para traballar todos xuntos cara a consecución dunha sociedade máis sensibilizada e comprometida coa erradicación da pobreza.
No acto presentouse tamén o vídeo “Comprometid@s contra a pobreza e a exclusión social” que resume unha das principais actuacións de EAPN Galicia e o espíritu do Código de conduta: a participación activa das persoas en situación ou risco de pobreza e exclusión. O vídeo foi realizado por persoas participantes nestes encontros e agora emprendedores sociais
CÓDIGO DE CONDUTA E BOAS PRÁCTICAS NA COMUNICACIÓN DA POBREZA E A EXCLUSIÓN SOCIAL (resume)
Respectar o dereito á intimidade e á propia imaxe evitando a intromisión gratuíta e as especulacións innecesarias
Evitar expresións, termos e/ou imaxes estereotipadas para non reforzar falsos mitos
Contextualizar as imaxes e as mensaxes para evitar visións sesgadas
Evitar mensaxes que apelen á compaixón ou á culpa presentando ás persoas en situación de vulnerabilidade
Dar voz ás persoas e permitir que sexan as protagonistas da súa historia, na medida do posible
Presentar a realidade coa que traballamos como un problema social, non como casuísticas illadas
Difundir mensaxes positivas amosando logros e situacións de autonomía e empoderamento
Empregar unha visión inclusiva que represente a diversidade existente na realidade
Defender un tratamento ético da información, veraz e transparente
Ter como obxectivo último da comunicación o cambio social, promovendo e implicando á cidadanía para logralo
Comparte!As entidades do Terceiro Sector son unha peza fundamental na engranaxe do sistema de servizos sociais que precisa dun marco lexislativo e dunha financiación estable para poder sostelo. No marco do Seminario Anual de EAPN tivo lugar un acto simbólico para poñer en valor o labor do Terceiro Sector, á vez que se poñían de…
Comparte!O XV informe “O Estado da Pobreza en Galicia 2025”, revela que no ano 2024 a pobreza e a exclusión social reduciuse 6,7 puntos, o que se traduce en case 180.000 persoas menos que no 2023. A taxa de pobreza infantil alcanza o seu mínimo na serie histórica cunha caída de 10,7 puntos. O 17,5…
Comparte!EAPN Galicia e a Dirección Xeral de Promoción da Igualdade organizaron un seminario web para informar a entidades do Terceiro Sector e administracións públicas dos servizos que ofrecen os centros Quérote+. Os centros Quérote+ son recursos de información, asesoramento e formación dirixidos á mocidade galega en temáticas como sexualidade, LGTBI+, benestar emocional, promoción da igualdade…
Comparte!O Terceiro Sector é un axente clave na transformación social e na defensa polos dereitos e igualdade das persoas máis vulnerables. As entidades sociais —asociacións e fundacións— aínda carecendo de ánimo de lucro, constitúen un sector industrial máis, creando valor económico e social. EAPN Galicia vén de lanzar a campaña #OrgulloTerceiroSector para reivindicar o…
Comparte!O Seminario web: Medidas urxentes de apoio ás familias monoparentais pon de manifesto a escaseza de accións para protexer ás familias monoparentais. Case 4 anos de incumprimento da Lei de Impulso Demográfico agrava a situación destas familias. A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) e EAPN Galicia organizaron o 18 de setembro…
Comparte!Presentamos unha das novas entidades membro de EAPN Galicia. Ayuda en Acción é unha ONG internacional que traballa con infancia e mocidade, acompañando e xerando oportunidades de desenvolvemento. Un dos seus obxectivos é facilitar o acceso á educación e transición cara o emprego e o emprendemento. Poñendo o foco na propia persoa como xeradora de…
Comparte!Galicia é a segunda autonomía que máis crece, marcando a Casilla no imposto de sociedades o 20,2% das empresas, fronte ao 2% da campaña anterior A nivel nacional máis de 300.000 empresas logran unha recadación histórica de 83,68 millones de euros co seu xesto. O prazo para a presentación do imposto de sociedades está aberto…
Comparte!EAPN Galicia e a Valedora do Pobo abordan temas que atinxen ás persoas en situación de vulnerabilidade a prol da defensa dos seus dereitos A Valedora do Pobo transmite a preocupación compartida polo latente e estendido discurso do odio na súa visita á sede de EAPN Galicia O pasado 8 de xullo a Valedora…
Comparte! O 18 de xuño, Día Internacional para Contrarrestar o Discurso de Odio, as entidades que integramos EAPN Galicia aprobamos por unanimidade na nosa Asamblea Xeral a declaración “Tolerancia e respecto. Fronte ao discurso do odio e a aporofobia”. Nun escenario internacional cada vez máis polarizado, onde a desinformación e os prexuízos xeradores de discursos de odio…
Comparte!Máis de 80 persoas berraron “Que non nos limite ninguén!” no XVI Encontro Galego de Participación celebrado o pasado 11 de xuño en Santiago de Compostela, baixo o lema Estereotipos, que non te limiten. Unha xornada na que se abordaron as barreiras e dificultades de acceso a servizos básicos, así como un trato discriminatorio por…
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.
Fai un comentario